peoplepill id: terutoshi-ishigi
Japanese engineer
Terutoshi Ishigi
The basics
Quick Facts
The details (from wikipedia)
Biography
Terutoshi Ishigi, nado no Xapón no século XX, é un enxeñeiro autodidacta, propietario dunha fábrica de ferro preto de Toquio, e un dos titulares da patente do cubo de Rubik (coñecido en Xapón como "cubo de paciencia" 忍耐キューブ).
Traxectoria
O 12 de outubro de 1976, aproximadamente un ano despois de que Ernő Rubik patentase este xogo, puzzle ou xoguete en 1975, recibiu a súa forma 3x3x3 da Oficina de Patentes do Xapón co número JP55‒8192. Aceptouse que Ishigi fixo o mesmo invento de forma independente.
Outros casos
- Uwe Mèffert - Creador do Pyraminx, un puzzle en forma de tetraedro, e o Megaminx, semellante ao cubo de Rubik pero coa forma dun dodecaedro, e o skewb.
- Tony Fisher - Deseñador británico de xoguetes rotacionais, recoñecido polo Libro Guinness como o creador do cubo de Rubik máis grande do mundo, e tamén do máis pequeno. Dende 1981, Fisher deseñou uns 100 crebacabezas.
- Vojtěch Kopský - Aínda que non é tan coñecido como Rubik, Kopský recibiu unha patente checoslovaca por un puzzle tridimensional antes da patente do cubo de Rubik. O seu deseño era diferente, pero mostra o interese en puzzles mecánicos tridimensionais nesa época.
- Larry D. Nichols - En 1972, patentou nos EUA un puzzle 2x2x2 cun mecanismo de bloqueo, que inventara na década de 1950, considerado un precursor do cubo de Rubik. Aínda que o seu era máis sinxelo, a idea central de pezas móbiles que forman un cubo é similar, e a súa patente mencionaba a posibilidade de facer cubos similares con máis pezas. En 1986 un Tribunal de Apelacións ditaminou que o minicubo de Rubik 2×2×2 infrinxía a patente, pero non o cubo de 3×3×3.
Notas
- ↑ "THE RUBIK’S CUBE HISTORY". 5election - The International Coolhunting Magazine (en inglés). Consultado o 2024-03-18.
- ↑ Até 1999, cando entrou en vigor unha modificación da lei de patentes xaponesa, a oficina de patentes concedeu patentes xaponesas para tecnoloxías non divulgadas no Xapón sen esixir novidade mundial.
- ↑ "There Are 43 Quintillion Wrong Answers for the Rubik's Cube". ThoughtCo (en inglés). Consultado o 2024-03-18.
- ↑ "Uwe Meffert - Inventor of Pyraminx, Megaminx, Skewb puzzles". ruwix.com (en inglés). Consultado o 2024-03-18.
- ↑ "Tony Fisher - Puzzle Designer and Inventor". ruwix.com (en inglés). Consultado o 2024-03-18.
- ↑ "INSPIRE". inspirehep.net. Consultado o 2024-03-18.
- ↑ Nichols, Larry D. (1972-04-11). "Pattern forming puzzle and method with pieces rotatable in groups". Consultado o 2024-03-18.
- ↑ "Age of Puzzles - Larry D. Nichols". www.ageofpuzzles.com. Consultado o 2024-03-19.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- «cubo de rubik»: ¿marca o patente? — Artigo sobre a patente do cubo de Rubik (en castelán)
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Terutoshi Ishigi is in following lists
By field of work
By work and/or country
comments so far.
Comments
Credits
References and sources
Terutoshi Ishigi