peoplepill id: tereixa-navaza
TN
Spain
1 views today
1 views this week
Tereixa Navaza
Spaans journaliste

Tereixa Navaza

The basics

Quick Facts

Intro
Spaans journaliste
Places
Work field
Gender
Female
Birth
Age
78 years
The details (from wikipedia)

Biography

Tereixa Navaza González, nada en Santiago de Compostela en 1947, é unha xornalista galega.

Traxectoria

Cun mes de vida trasládase a vivir a Pontevedra, onde pasará a infancia e parte da mocidade. De aí instálase tamén coa familia en Eivisa, onde comeza o bacharelato, que xa remata en 1964 en Santiago de Compostela, no IES Rosalía de Castro. Neste centro ten de profesor a Antón Fraguas.

Estuda Francés e Dereito, sen se licenciar, e practica o atletismo. Comeza a traballar en 1965 na Cadena SER como locutora. Aos poucos anos, traballa como xornalista e locutora que facía as reportaxes para o informativo Hora 25, así como noutras emisións da cadea, como Matinal Cadena SER e Los 40 Principales.

A partir de 1973 entra a traballar en TVE, no seu centro de Santiago de Compostela, baixo a dirección do xornalista Luís Mariñas. Este labor simultanearao durante anos co contrato radiofónico na SER. Durante eses anos convértese no primeiro rostro da televisión en galego ao presentar o telexornal da desconexión autonómica, Panorama de Galicia. Nos seguintes meses sumaríanse ao seu equipo Xoán Barro e Cecilia Pérez.

A partir de 1980 xa só traballa en exclusiva para a televisión. En 1984, cando o centro territorial de TVE en Galicia está dirixido por Alexandre Cribeiro, Navaza acada especial resonancia por ser a encargada de retransmitir a chegada dos restos de Castelao a Galicia, que se desenvolveu con gran polémica polas manifestacións de protesta e as cargas policiais. Durante a retransmisión, Navaza leu pasaxes do Sempre en Galiza e mesmo un artigo de Uxío Novoneyra. Como consecuencia daquela retransmisión, o propio Cribeiro foi destituído como director do centro territorial.

A visibilización de Navaza como faciana do nacionalismo galego foi a máis naqueles anos. Durante unha manifestación contra a reconversión naval de Ferrol, Navaza leu o manifesto de peche e deixa de presentar o telexornal ao día seguinte (1989). Chegou a ser representante do BNG no Consello de Administración da Compañía da Radio e Televisión de Galicia en 1994, posto que conserva ata 2002. Xubilouse anticipadamente en 2007 en TVE no marco duns plans de reestruturación do cadro de empregados.

Tamén colaborou con medios escritos, como La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Xornal de Galicia e El Correo Gallego.

Foi ademais unha importante voceira do movemento feminista en Galicia. Participou na fundación da Asociación Galega da Muller, e da revista de pensamento feminista Andaina. Tamén encabezou distintas manifestacións polo dereito ao aborto e contra a violencia de xénero.

En setembro de 2013 foi durante unhas horas a voceira da familia da nena asasinada preto de Santiago, no chamado Caso Asunta Basterra.

Recibiu o Premio Os Bos e Xenerosos da AELG no 2015.

Vida persoal

É irmá do xornalista Emilio Navaza.

Participou, xunto con Xosé Ramón Gayoso, na gravación do vídeo Galicia caníbal dos Resentidos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Tereixa Navaza is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Tereixa Navaza
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes