Tatiana Amil
Quick Facts
Biography
Tatiana María Amil Pena, nada na Coruña o 23 de xuño de 1986, é unha actriz galega. O seu papel máis importante é a súa aparición no filme Blanca Madison (2000), escrita e dirixida polo seu tío, o director tamén galego Carlos Amil, interpretando a Maria Isabel, a filla de Xesús Bocanegra.
Traxectoria
Desenvolveu os seus estudos no Colexio Videlba de Liáns (Oleiros) até o seu peche por motivos económicos en 2001, ano no que comeza no Colexio Calasanz da Coruña, onde remata os seus estudos de Bacharelato con moi boas calificacións. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.
A súa vida profesional é curta, sendo un bebé debuta nun capítulo da serie Lendas, emitida na Televisión de Galicia, e aparecendo tamén na película Blanca Madison en 1998 aínda que non foi estreada até o 2000.
Filmografía
Cine
- Blanca Madison (2000), no papel de Maria Isabel.
Televisión
- Lendas (TVG), no capítulo Mariña.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- A súa ficha no Consello do Audiovisual Galego
- Tatiana Amil na IMDb (en inglés)..