Su Garrido Pombo
Quick Facts
Biography
Susana Garrido Pombo, nada en Vigo o 16 de xaneiro de 1982, é unha cantante e compositora galega.
Traxectoria
O seu estilo musical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latín.Traballa en proxectos individuais e en proxectos colectivos.
Ten unha ampla formación académica: Conservatorio Mayeusi (Vigo, guitarra), Universidade de Santiago de Compostela, (Historia da arte) Universidade de Salamanca (Musicoloxía), Universidade de Granada, (bolsa Seneca) Universidade de Florencia, (bolsa Erasmus).
Formou parte do grupo folk Lembranzas Galegas, do grupo Sonhos, do grupo TREME (con Margarida Mariño) e en 2018 de Son trío coa pianista e compositora Katia Linke e a cellista Susanna Blanco.
En 2018 grava o seu primeiro disco en solitario Quedo a vivir aquíe preséntao con xiras en Galicia, Portugal e Irlanda.
Recoñecemento
- 2007: 2º posto no concurso Internacional de música MAPFRE Vive para cumplirlo International Music Competition co seu tema Linda. E 4º posto polo tema Extraña María.
- 2007: 3º posto no concurso Gz crea
- 2015: xunto con Margarida Mariño, 1ª Premio no concurso Múusica Xove 15 ó mellor grupo xove galego
- 2018: 1ª clasificada no Premio Narf outorgado pola área de Cultura da Deputación da Coruña.
- 2018: Son Trío, proposto para os Premios Martín Códax da música galega en Música clásica e contemporánea.
Obra
- Quedo a vivir aquí (2018)
Notas
- ↑ "Bio". SuGarridoPombo. Consultado o 2019-01-29.
- ↑ Salgado, Daniel (21 de outubro de 2018). "A canción en tránsito de Su Garrido Pombo". Sermos Galiza. Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ "Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais (antes concurso musical e rock)". Deputación da Coruña. Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ "Un total de 54 finalistas optan a los V Premios Martín Códax de la Música". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-01-29.