peoplepill id: silverio-yebra-granja
SYG
Spain
1 views today
1 views this week
Silverio Yebra Granja
Guerrilleiro antifranquista

Silverio Yebra Granja

The basics

Quick Facts

Intro
Guerrilleiro antifranquista
Places
Work field
Gender
Male
Birth
Place of birth
León Province, Castile and León, Spain
Place of death
Paris, Seine, Île-de-France, France
The details (from wikipedia)

Biography

Silverio Yebra Granja, Atravesado, nado en Carracedo do Mosteiro (Carracedelo) en 1910 e finado en París, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado. O 16 de xullo de 1938 presentouse ás autoridades, foi condenado e saíu en liberdade condicional o 3 de agosto de 1940. Foi oficial de enlace da Federación de Guerrillas de León-Galicia, e dende 1942 o contacto entre a guerrilla e o axente británico Alexander Easton. O 8 de febreiro de 1944 incorporouse á guerrilla con Abel Ares Pérez. Pertenceu á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia formada en setembro de 1947 e comandada por Guillermo Morán García. Silverio liderou un grupo que incluía a Augusto Diéguez Yáñez "Rubio", Francisco Martínez López "Quico", Oliveros Fernández Armada "Negrín" e Alfonso Rodríguez López. Representou á guerrilla de León na reunión dos grupos do Exército Guerrilleiro de orientación comunista que se celebrou en Cubela (Lugo) no verán de 1948, con Bernardo Álvarez Trabajo. En 1948 estivo na zona de Vilafranca do Bierzo con Abel Ares, César Ríos, Edelmiro Alonso García e Baldomero Gutiérrez Abella.

O 24 de febreiro de 1949 formaba parte do grupo guerrilleiro emboscado pola Garda Civil na Serra de Ocero, na Veiga de Espiñareda, na que foron asasinados os guerrilleiros Alfonso Rodríguez López e Enrique Orozco. En 1949 marchou a Francia con Manuel Girón Bazán, e regresou rapidamente con el a León. O 17 de xullo de 1950 foi sorprendido con Manuel Girón Bazán, Francisco Martínez López e Pedro Juan Méndez en Corporales (Truchas) onde despois dun combate de dez horas morreron os gardas civís Agustín Puente Martínez e Manuel Combarros García, e os guerrilleiros lograron romper o cerco. Marchou a Francia en 1951 con Francisco Martínez López, Manuel Zapico Terente e Pedro Juan Méndez. Instalouse en París onde morreu.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bouzas, Pemón (2022). Cando os lobos escoitaban a radio. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-091-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Silverio Yebra Granja is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Silverio Yebra Granja
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes