Severino Chacón
Quick Facts
Biography
Severino Chacón Bergueiro, nado en Parada (A Estrada) o 14 de novembro de 1884 e finado en Madrid o 31 de xullo de 1978, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
Fillo dunha familia de campesiños, traballou como canteiro en Ferrol (1897) onde entrou en contacto coas organizacións obreiras. Trasladouse a Coruña en 1903 e converteuse en referente sindical. En 1905 emigrou a Cuba e militou na Agrupación Socialista da Habana. Retornou a Galicia en 1908 pero regresou moi pronto á Habana. Foi expulsado de Cuba en xullo de 1911. En 1916 constituíu na Coruña a Unión Tabacalera, primeiro sindicato de clase das cigarreiras da Fábrica de Tabacos. Foi candidato nas eleccións á alcaldía de 1917 pola Agrupación Socialista da Coruña. En 1918 a Unión Tabacalera federouse na UGT baixo a súa influencia. Deixou o PSOE en 1921 formando parte do Partido Comunista Obrero Español que pouco despois se integrou no PCE. Presidiu desde A Coruña a Federación Tabaquera Española, de carácter autónomo, e na que se integrou o persoal das fábricas de tabacos do Estado.
A sublevación do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno na Coruña, onde estivo agochado un ano, antes de fuxir por mar cara a zona republicana. Pasou a Valencia e incorporouse á UGT. Exiliado en Francia en 1929, formou parte da Executiva Federal da UGT no exilio francés. Logo marchou a Santo Domingo (1939-1940), Venezuela (1940-1946), regresou a Francia (1946-1950), marchou a Checoslovaquia (1950) e volveu a Venezuela (1950-1967). Retornou a Madrid en 1967, onde faleceu en 1978.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
- Ficha en Nomes e Voces.
- "La casa de las cigarreras de Madrid" en Mundo Gráfico, 15/5/1929, pp. 35–36 (en castelán), vía Hemeroteca Digital. BNE.