Secundino Rodríguez Eiras
Quick Facts
Biography
Secundino Rodríguez Eiras, Cotexo, nado no Carril, Vilagarcía de Arousa o 8 de setembro de 1905, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Fogueiro. Pertencía ao Sindicato da Industria Pesqueira de Carril adscrito á CNT. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse nos montes de Vilagarcía. En xullo de 1937 foi arrestado na Coruña. Xulgado en concello de guerra por rebelión, foi condenado a pena de morte. A pena foi conmutada por cadea perpetua. Posto en liberdade condicional en 1938, foi arrestado novamente en 1942. Fuxiu con Luís Costa García e Lino Carrión. Integrouse na CNT de Vilagarcía e foi arrestado co seu irmán José María en marzo de 1947. Xulgado en consello de guerra en Vigo en 1948, foi condenado a 3 anos de prisión.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha en Nomes e Voces
- Ficha en Los de la sierra(en francés)