Santiago Vicente Amor Barreiro
Quick Facts
Biography
Santiago Vicente Amor Barreiro, nado o 3 de agosto de 1973 en Santiago de Compostela, é un político galego do PPdeG. Dende maio de 2011 ata xuño de 2015 foi alcalde electo do concello de Ames.
Traxectoria
Membro dunha familia coñecida de Santiago de Compostela, posuidora dunha inmobiliaria, vencellouse ao Partido Popular dende a súa mocidade. Foi vicepresidente do Consello da Xuventude de Galicia en representación de Novas Xeracións, tesoureiro do Obradoiro CAB e membro do comité executivo da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
Residente na vila do Milladoiro, nas eleccións municipais de 2007 presentouse como candidato polo PPdeG á alcaldía de Ames, pero colleitou uns malos resultados, perdendo un concelleiro e deixando de ser a primeira forza amiense. Nas municipais de 2011 repetiu como candidato a alcalde e obtivo a maioría absoluta, co 45% dos votos. No ano 2015, gañou as eleccións (4 concelleiros) por so 8 votos ao PSdeG-PSOE, pero os votos de PSdeG-PSOE (4 concelleiros), Ames Novo (4 concelleiros), Contigo Pódese (3 concelleiros) e BNG (2 concelleiros) fixeron alcalde ao socialista José Miñones.
Predecesor: Carlos Fernández Castro | Alcalde de Ames 2011 - 2015 | Sucesor: José Miñones Conde |
Referencias
- ↑ El alcalde de Ames se querella contra miembros del PP por "sus insinuaciones sobre su patrimonio". www.elcorreogallego.es, 14/05/2011 (en castelán)
Véxase tamén
Bibliografía
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
- Eleccións municipais en Ames