Santiago de la Iglesia Santos
Quick Facts
Biography
Santiago de la Iglesia Santos nado en Santiago de Compostela en 1851 e finado en Ferrol en 1931 foi un médico e naturalista galego. Os seus irmáns Álvaro e Alfredo eran escritores.
Traxectoria
Fillo do mestre e escritor Francisco María de la Iglesia. Ao pouco de nacer a súa familia trasladouse á Coruña onde estudou o bacharelato (1862-1868). Tendo como mestre ao profesor de Historia natural Víctor López Seoane. Fixo a carreira de Medicina en Santiago que rematou en 1873. Iniciou o traballo de médico na Coruña, traballando co médico Ramón Pérez Costales. En 1874 exerceu de médico en Serantes (actualmente parte do concello de Ferrol). Fixo o doutoramento en Santiago. En Ferrol, xunto á consulta, impartiu clases de física e química no colexio particular do que era titular o seu irmán Alfredo e na Escola de Artes e Oficios.
Sucesor de Francisco Suárez, na xefatura republicana en Ferrol. Foi deputado a Cortes polo Partido Republicano, tenente de alcalde, masón, impulsor do Centro Obrero de Cultura e presidente da sección de Ciencias do Ateneo Ferrolán. En 1914 accedeu á dirección do Laboratorio municipal de Ferrol e deixou de exercer a medicina.
Doou a súa biblioteca á Universidade de Santiago de Compostela e a súa colección arqueolóxica: vasos campaniformes, torques, machados de bronce, puntas de frecha de cobre etc. Foi o primeiro en atopar un vaso campaniforme en Galicia nunha escavación nas Pontes de García Rodríguez.
Foi membro da Sociedade Española de Historia Natural.
Recoñecementos
A cidade da Coruña ten unha rúa co seu nome, que mantivo durante o franquismo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- "Iglesia Santos, Santiado de la". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 237.
Ligazóns externas
- Santiago de la Iglesia Santos no Álbum da Ciencia do CCG.
Control de autoridades |
|
---|---|
Control de autoridades |
|