Santiago Cribeiro
Quick Facts
Biography
Santiago Cribeiro Galego, nado en Cedeira, o 18 de setembro de 1965, é un músico galego.
Traxectoria
Estudou nos Conservatorios de música da Coruña e Santiago de Compostela. Malia a que se formou academicamente como pianista, o seu instrumento predilecto sempre foi o acordeón. Comezou a tocar dende bastante novo con Debadoira, grupo de música tradicional da súa vila, Cedeira. Máis adiante trasládase a Vigo onde se integra no Grupo didáctico de Instrumentos Populares da Universidade Popular de Vigo. A comezos da década dos 90 cofunda Matto Congrio con, entre outros, Anxo Pintos, Isaac Palacín e Carlos Núñez. En 1995 é un dos cofundadores de Berrogüetto. Tamén ten colaborado con Uxía Senlle, A Banda das Crechas, Fuxan os Ventos ou Anubía.
Traballos discográficos
Traballos publicados con Berrogüetto
- Navicularia, 1996.
- A cantar con Xabarín, 1998.
- Cantigas de Nadal, 1999.
- Viaxe por Urticaria, 1999.
- Hepta, 2002.
- 10.0, 2006.
- Kosmogonías, 2010.
Traballos publicados con Matto Congrio
- Matto Congrio, 1993.
Participación noutros traballos colectivos
- Instrumentos tradicionais galegos, co Grupo didáctico de Instrumentos Populares da Universidade Popular de Vigo.
Premios
Con Berrogüetto
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997.
- Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998.
- Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999.
- Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
- Nominación pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007.
- Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007.
- Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011.
Vida persoal
É irmán da tamén música Guadi Galego.
Bibliografía
- Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Galaxia, de Fernando Neira.