Santiago Cortegoso
Quick Facts
Biography
Santiago Cortegoso Calvar, nado en Domaio (Moaña) en 1974, é un actor, director, dramaturgo e músico galego. Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en arte dramática. Realizou en 1998 o máster Teoría e práctica da interpretación teatral pola USC.
Traxectoria
Entra en contacto co mundo da música e do baile tradicional xa de novo na escola de gaitas e baile Charaviscas (Domaio) onde se fai bailador e tamborileiro da banda de gaitas dirixida por Xavier Blanco.
Ao mundo do teatro chega despois do paso polo grupo de teatro escolar Teatrofia Teatral, o teatro amador Teatro Aurín e o grupo de teatro universitario Eis Teatro, da facultade de filoloxía da USC. Como actor profesional formou parte de Teatro de Ningures, Compañía Nove-Dous, Teatro do Morcego, Balea Branca Producións, Teatro Kaos, e foi membro fundador de Llullu Teatro. No mundo do audiovisual traballou en varias series e en cine.
Montaxes profesionais
Teatro de Ningures:
- Emigrados (2007).
- Misericordia (2006).
- Tartufo (2005).
- Troianas (2004).
- Círculo (2002).
- O principiño (2002).
- Fausto (2001).
Compañía Nove-Dous:
- 2007 - Fóra de xogo (2007).
Teatro do Morcego:
- Farsa do Bululú (2005).
- O circo enmeigado (2005).
- Os vellos non deben de namorarse (2003).
- A gran ilusión (2003).
- Momo (2002).
- Os piratas. A Branca Rosa (2000).
Llullu Teatro:
- O circo enmeigado ou a amazona e os excéntricos (2001).
- Ñaque, ou de piollos e actores (1999).
Balea Branca Producións:
- Un tranvía de nome Desexo (2004).
Teatro Kaos:
- Os nenos que prantaron a pedra da auga (1999).
Audiovisual
- As leis de Celavella (serie, 2004).
- Rías Baixas (serie, 2004).
- Heroína (cine, 2004).
Dirección teatral
- A balada do cárcere de Circe. Aula de teatro universitario de Pontevedra, 2002.
- A filla de Woody Allen. Compañía Santiago Cortegoso, 2011.
- 0.7% molotov. Teatro de Ningures, 2010.
Obra dramática publicada
Teatro
- 0.7% Molotov. Premio Rafael Dieste para textos teatrais (2009).
- Casa O'rei.
- Des-memoria-2 (2009).
- Hamster (2009).
- A filla de Woody Allen (2011).
- Raclette (2015, Xerais).
- A filla de Woody Allen. Pequenos actos pseudorrevolucionarios. O furancho (2016, Morgante).
Obras colectivas
- Banqueiros (2012, Laiovento).
- Intercom Baby. VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico da Radio Galega (Premio do público) 2012.
Premios
- Premio de teatro Mome Varela Buxán no Concello da Estrada no 2013, por Smoke on the water
- Premio Álvaro Cunqueiro no 2014, por Raclette.