San Luis
Quick Facts
Biography
Luis Jacobo Álvarez Rodríguez, máis coñecido como San Luis, nado en Vigo o 18 de febreiro de 1930 e finado ibídem o 15 de xuño de 1997, foi un pintor paisaxista urbano galego.
Traxectoria
Foi fillo do farmacéutico Jacobo Álvarez Varela e de Luz Rodríguez Novoa. Tivo de profesor de debuxo a Maximiliano Vidales Espinosa. Estudou a carreira de Filosofía e exerceu a docencia. Dedicouse en exclusiva á pintura desde 1957. Fixo viaxes de estudos a Madrid, París e Roma. Pintou as prazas e rúas de Vigo. Foi retratista e costumista e amante do detalle. Tiña unha pincelada traballada e empregaba cores intensas.
Casou con María Victoria Ruiz de Ojeda e foron pais de tres fillos: José Ignacio, Luis Jacobo e María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda.
Recoñecementos
Unha rúa da súa cidade leva o nome de Pintor San Luis na súa memoria.
Notas
- ↑ Mosquera, Javier (2012). "San Luis, el pintor de las calles y plazas de Vigo". Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ Giráldez Lomba 2010, p. 17.
Véxase tamén
Bibliografía
- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 17. VG 955-2010.
Outros artigos
- Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda (filla)
Ligazóns externas
- Museo Virtual del Pintor San Luis páxina mantida polo fillo Luis Jacobo, en Internet Archive (en castelán).
- Lamas, Jorge (29/11/2009). "La obra del pintor San Luis sobrevive en Internet". La Voz de Galicia (en castelán).
- Leiro, Carlos (2/8/2009). "San Luis el pintor de La Movida"