peoplepill id: samuel-solleiro
Samuel Solleiro
The basics
Quick Facts
The details (from wikipedia)
Biography
Samuel Solleiro González, nado en Tui o 7 de xuño de 1982, é un escritor galego.
Traxectoria
Escritor desde moi novo, ten publicados varios libros, ademais de textos dispersos en diferentes publicacións (entre eles, Grial, Boletín Galego de Literatura ou El País Galicia, así como unha escolma traducida do poeta catalán Enric Casasses na revista Dorna). Solleiro publicou traballos de crítica literaria no extinto Cartafol de libros de Vieiros entre 2005 e 2007 e no suplemento ProTexta da revista Tempos Novos a partir de 2008.
Solleiro é licenciado en Antropoloxía e Filoloxía. É banxista e guitarrista do grupo de rock Ataque Escampe e socio fundador de Estaleiro editora. Desde 2011 vive en Le Mans (Francia).
Obras
Narrativa
- Elexías a deus e ao diaño, 2001, Xerais (traducido ao castelán en Lengua de Trapo no 2007, baixo o título Elegías a Dios y al Diablo).
- Dz ou o libro do esperma, 2006, Xerais.
- Gran tiburón branco, 2012, Xerais.
Poesía
- Punk, 2013, Corsárias.
Obras colectivas
- Pirata, 2007, Cineclube de Compostela.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Entre dous séculos. Actas do III encontro de novos escritores/as, 2009, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural, 2010, Cineclube de Compostela.
- XXIV festival da poesia no Condado. Língua e serviços em mao comum, 2011, S. C. D. Condado.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
Premios
- Gañador do Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2009, por Caída de Abraham Rosenblath.
Véxase tamén
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Samuel Solleiro is in following lists
By work and/or country
comments so far.
Comments
Samuel Solleiro