peoplepill id: salvador-velayos-hermida
SVH
Spain
1 views today
1 views this week
Salvador Velayos Hermida

Salvador Velayos Hermida

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
Age
89 years
The details (from wikipedia)

Biography

Salvador Velayos Hermida, nado en Lugo en 1908 e finado en Madrid o 3 de xuño de 1997, foi un físico e investigador galego.

Traxectoria

Fillo do director do Instituto de Lugo, Salvador Velayos González. Estudou o bacharelato no Colexio dos Maristas e no Instituto de Lugo. En 1924 foi estudar Ciencias Físicas a Madrid aloxándose na Residencia de Estudiantes, onde logo exerceu como titor e profesor de apoio das disciplinas científico experimentais. Foi discípulo de Moles, Duperier e Cabrera, con quen estivo de bolseiro no Instituto Nacional de Física y Química. Fixo varias viaxes a centros científicos de Alemaña pola súa conta. Obtivo unha bolsa da Fundación Conde de Cartagena, xestionada pola JAE, para ampliar estudios en Múnic (Guerlach) en 1934.

Especializouse en ferromagnetismo, disciplina que foi obxecto das súas investigacións. Desde 1930 foi profesor auxiliar da Facultade de Ciencias de Madrid ata que en febreiro de 1936 gañou a cátedra de Física Teórica e Experimental da Facultade de Ciencias da Universidade de Valencia. Antes da guerra publicou traballos de investigación en revistas científicas españolas e alemás.

Republicano de esquerdas, durante a guerra traballou para o exército republicano na fabricación de fonolocalizadores para a defensa antiaérea (sistema para a detección de bombardeos en distancia e dirección). Por este labor inculpado do “retraso” da vitoria dos sublevados.

Ao remate da guerra foi xulgado por rebelión en consello de guerra, sendo absolto, e tamén como funcionario do Instituto Nacional de Física y Química, do que tamén librou de sanción. Pero foi sancionado polo Tribunal Especial da Universidade de Valencia: pese á declaración favorable do seu colega Julio Palacios (Vicerreitor de Madrid), quen o descargaba das acusacións que era obxecto, o xuíz especial da súa causa solicitou a suspensión de emprego e soldo por dous anos e a inhabilitación, sanción que se veu temperada polo traslado forzoso á Universidade de Valladolid e á inhabilitación para cargos directivos e de confianza. Logo de pasar quince anos en Valladolid explicando Física Xeral, onde fixo escola, retornou a Madrid en 1956, mediante oposición a unha cátedra de Electromagnetismo.

A interrupción da súa carreira por mor da guerra, a represión posterior e o exilio dos seus mestres impedirían a súa consolidación científica. Pese a isto, continuou co seu labor investigador no CSIC elaborando traballos que o situaron na vangarda da investigación.

Actualmente leva o seu nome o Instituto de Magnetismo Aplicado que rexenta RENFE e a Universidade Complutense de Madrid.

Obras

  • Las susceptibilidades paramagnéticas de compuestos de tierras raras en un intervalo de temperaturas amplío, 1932 (tese de doutoramento).
  • Comprobación con exactitud de la lei de Curie-Weiss en sulfatos octohidratados y óxidos lantánidos, 1934 (en colaboración con Guerlach).
  • La influencia de la comprensión en las curvas de inhalación de níquel.
  • Medición del efecto Wiedemann en los hilos de hierro y níquel.

Notas

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Salvador Velayos Hermida is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Salvador Velayos Hermida
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes