peoplepill id: ruben-juste
RJ
Spain
1 views today
1 views this week
Rubén Juste
Spanish sociologist

Rubén Juste

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish sociologist
A.K.A.
Karim Juste
Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
Toledo
Age
40 years
The details (from wikipedia)

Biography

Rubén Juste de Ancos, nado en Toledo en 1985, é un sociólogo, investigador e consultor político español.

Traxectoria

Rubén Juste é licenciado e doutor en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Realizou a súa tese doutoral sobre as portas xiratorias no IBEX 35.

Debido á crise económica, emigrou a Australia tendo diversas ocupacións. Máis tarde trasladouse a Latinoamérica, instalándose primeiro en Paraguai, onde traballou na Universidade Católica Nuestra Señora de la Asunción e como consultor político para o Frente Guasú durante o mandato de Fernando Lugo até a súa destitución como presidente. Posteriormente tamén foi conselleiro para Avanza País. Deixou Paraguai para establecerse en Ecuador, traballando na Universidade Andina Simón Bolívar.

Desde 2016 colabora en CTXT con diversas análises sobre a política económica histórica e actual. En 2017 incorporouse como asesor do grupo político Unidos Podemos no Congreso.

Obra

A investigación principal de Rubén Juste foi a estreita relación entre as elites políticas e económicas en España, analizando como estas relacións manexaron e manexan a política do país, desde os procesos de privatización das grandes empresas públicas, até a perda de soberanía cando esas mesmas empresas finalmente pasaron a pertencer a grandes capitais estranxeiros. Gran parte desta investigación, pioneira en España, está recollida no seu primeiro libro, IBEX 35. Una historia herética del poder en España.

Libros

  • IBEX 35. Una historia herética del poder en España (2017).

Artigos destacados

  • Hegemonía colorada y alternancia política en Paraguay: Los límites de la vitoria de Horacio Cartes. Revista Novapolis. 2014.
  • Medios de comunicación, referencias nominales y poder en Paraguay. Revista Latina de Comunicación Social. 2014.
  • El pueblo en movimiento: el proceso de democratización en América Latina como transformación constante. Un análisis del caso de Ecuador. Revista electrónica de estudios latinoamericanos. 2013.
  • Redes de actores en medios de prensa. Una metodología para abordar la hegemonía en los medios de comunicación: el ejemplo de lass elecciones de 2013 en Paraguay. Chasqui. Revista Latinoamericana de Comunicación. 2013.

    Notas

    Véxase tamén

    Ligazóns externas

    The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
    Lists
    Rubén Juste is in following lists
    comments so far.
    Comments
    From our partners
    Sponsored
    Rubén Juste
    arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes