Roque Pesqueira Crespo
Quick Facts
Biography
Roque Miguel Silvestre Pesqueira Crespo, nado en Ponteareas o 31 de decembro de 1865 e finado en Barcelona o 27 de novembro de 1938, foi un médico, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Estudou o bacharelato en Ourense e despois retornou a Ponteareas. Entre 1886 e 1888, residiu en Madrid. Regresou a Galicia e licenciouse en Medicina. Cando tiña sobre trinta anos aprobou as oposicións de rexistrador da propiedade e foi rexistrador de Xinzo de Limia, Vilamartín de Valdeorras, Ponteareas (1912), Valls (1925), Terrasa (1928) e Tortosa. Posteriormente residiu en Barcelona. Publicou poemas en O Tio Marcos d'a Portela, Galicia Moderna, O Antroido, Galicia. Revista Regional, A Fuliada, Café con Gotas, Galicia Humorística, Álbum Literario, Galicia Recreativa, A Monteira, El Independiente, El Regional, Revista Gallega, Gaceta de Galicia e El Eco de Galicia. Escribiu nove relatos: "ir por lan e...", "Males da emigración", "Os fillos do pescador", "A orella do demo", "No moiño", "idilio", "Hay que tempos", "Amores bulrados" e "Marcelo". Tamén redactou artigos, tanto en galego como en castelán, nos que defendía e exaltaba a lingua galega.
En 2001 o Centro Ramón Piñeiro editou un volume cos seus escritos titulado Relatos e outras prosas.
Vida persoal
Casou en Ponteareas con Heldiberta González Rivera en setembro de 1898.