Román Rodríguez González
Quick Facts
Biography
Román Rodríguez González, nado no Vento (Lalín) o 16 de novembro de 1968, é un xeógrafo e político galego do PPdeG.
Traxectoria
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1991) e doutor en Xeografía (1996). Foi profesor na Universidade de León e despois titular do Departamento de Xeografía da USC. Concelleiro en Lalín dende as eleccións municipais de 1999, con responsabilidades en cultura, medio ambiente, urbanismo e desenvolvemento ata 2015. É deputado no Parlamento de Galicia dende 2009, e foi voceiro de Educación, de Urbanismo e Ordenación do Territorio do grupo do Partido Popular de Galicia.
Foi Premio da Crítica Galega na modalidade de investigación polo seu estudo De aldeas a cidades.
En febreiro de 2015 foi designado Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Volveu ser elixido deputado no Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2016. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputado no Parlamento de Galicia.
Predecesor: Xesús Vázquez Abad | Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria 2015 - | Sucesor: no cargo |
Obras
- Lalín, un proceso de urbanización e desenvolvemento : 1960-1990, 1995.
- La urbanización del espacio rural en Galicia, 1997.
- De aldeas a cidades, 1999.
- A Estrada : xente e paisaxe, 2003.
- Xeografía, entre cultura e profesión territorial, 2004.
- Reformar la administración territorial : municipios eficientes y viables, 2009.