peoplepill id: roi-vidal
RV
Spain
1 views today
1 views this week
The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Place of birth
Santiago de Compostela
Age
42 years
The details (from wikipedia)

Biography

Roi Vidal Ponte, nado en Santiago de Compostela o 31 de agosto de 1982, é filólogo, poeta, dramaturgo, crítico teatral, músico e director de escena.

Traxectoria

Fillo de Roberto Vidal Bolaño e Laura Ponte Santasmarinas. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dirección de Escena pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Comezou publicando poesía e teatro en revistas como Revista das Letras, Dorna ou Casahamlet. Finalista en 2008 do II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico (Xerais) coa peza Último Capítulo, do Premio Xuventude Crea en 2010 co poemario Pop (Xunta de Galicia) e en 2011 co relato un Coitelo manchado de graxa. En 2012 obtivo o Premio Concello de Carral co poemario Teatro. A súa peza "Canción triste de Wall Street" forma parte do libro Banqueiros (Laiovento, Premio da Crítica 2013). En 2014 publicou unha biografía de Roberto Vidal Bolaño titulada Fóra de Portas (Edicións Positivas).

Como director de teatro estrea as pezas Matilde, de David Pobra e Mario Benedetti (para Bicodobrelo, 2008), Faraoas (Tirita Producións, 2011), Operación Triunfo (creación colectiva de Gargallada Teatro a partir de Ubu Roi de Alfred Jarry, 2015) e Illa/Ollo, a partir dun texto de Manuel Lourenzo (coa compañía Nasdrovia, 2015).

Crítico e estudoso do feito teatral en medios como Vieiros, Faro de Vigo, Protexta ou Praza Pública, actualmente colabora no magazine de crítica teatral da Revista Galega de Teatro.

Forma parte da empresa editorial Estaleiro Editora e do grupo musical Ataque Escampe.

Obra literaria

Teatro

  • Restrollos de vertedoiro, Nova Ólisbos n.0 (2006)
  • Xulieta's black hole (farsa de velocidade interestelar), Casahamlet n.9 (2007)
  • A última tentación de Edipo, A fontanela n.1 (2008)
  • Último capítulo, en II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, Xerais, 2008 (Emitida na Radio Galega no 2008 baixo a dirección de Quico Cadaval)
  • Historia dunha man, en Novos autores II, Laiovento, 2009
  • Vampira, Casahamlet n.12 (2010). Estreada na ESAD de Galicia en 2012 coa dirección de Roi Vidal e a interpretación de Fran Rei e Eva Ferreiro.
  • O experimento, Casahamlet n.14 (2012). Emitida no programa A pegada do Eco da ESAD de Galicia e Radio ECCA en 2013 baixo a dirección de Nuria Inglada.
  • Oral ping-pong, Dorna n.32 (2008)
  • KinderTotenFuga (poema dramático contra o paso do tempo), Casahamlet n.13 (2011)
  • Cans e cadelas do século XIX, Dorna 35 (2011)
  • Canción triste de Wall Street, en Banqueiros, de Francisco Pillado Maior (ed.), Laiovento. 2012.
  • Atracos, Madrigal, 2015
  • Marcha fúnebre para un monicreque, gañadora da modalidade adulta dos XII Premios Barriga Verde de textos de teatro para monicreques, Baía Edicións, 2017

Poesía

  • Amort, 2007, Revista das Letras.
  • Romat, 2009, Revista das Letras.
  • Pop, 2010, Xunta de Galicia.
  • Teatro, 2013, Espiral Maior.

Narrativa

  • Un coitelo manchado de graxa, 2011, Xunta de Galicia.

Ensaio

  • Fóra de portas. Paseo libre e non moi respectuoso polos tempos e lugares de Roberto Vidal Bolaño, 2013, Positivas.

Obras colectivas

  • Banqueiros, 2012, Laiovento.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.

Obra teatral estreada

  • Matilde, 2008, Bicodobrelo
  • Faraoas, 2011, Tirita Producións.
  • Vampira, 2012, ESAD de Galicia.
  • Operación Triunfo, 2015, Gargallada Teatro.
  • Illa/Ollo, 2015, Nasdrovia
  • Os soños na gaiola, 2016, Títeres Alakrán.

Notas

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Roi Vidal is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Roi Vidal
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes