Roi Casal
Quick Facts
Biography
Roi Casal Figueira, nado en 1980 en Catoira, é un músico, cantante e compositor galego.
Traxectoria
Formou parte do grupo galego Milladoiro como harpista dende o ano 2000 até o 2009.
Roi Casal publicou o seu primeiro álbum en solitario, titulado Lendas Douradas, en novembro de 2008. Nel céntrase na música tradicional dende unha perspectiva pop. Son destacábeis as letras de Rosalía de Castro e de Manuel María e do propio artista en varias cancións.
En 2011 publicou Maxicamente vello, no que realiza unha interpretación da música galega dende unha visión contemporánea.[Cómpre referencia] Con este disco realiza unha xira de máis de 50 concertos por todo o estado español e recibe numerosos recoñecementos, entre os que destaca o Premio Internacional Cubadisco recibido en La Habana[Cómpre referencia] en 2014.
En 2014 publicou Donos do noso destino, co que emprende unha xira internacional en Suíza, Uruguai, Arxentina e Cuba.[Cómpre referencia] Neste mesmo ano recibe o Premio Bo e Xeneroso por parte da Fundación Eduardo Pondal.[Cómpre referencia]
Tamén en 2014, varios temas da discografía de Roi Casal son seleccionados para formar parte das bandas sonoras das series da TVG “Caseiros” e “Pazo de Familia”.[Cómpre referencia]
En 2016 publica Son galego Son cubano, froito do traballo conxunto durante case 2 anos con Xosé Neira Vilas. Estréase no Gran Teatro da Habana (Cuba) con 2 funcións o 27 e 28 de maio de 2016 para continuar coa xira en Galicia ate hoxe en día.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial
- SongalegoSoncubano.com
- Roi Casal en Alalá, TVG, 2011.
- Roi Casal no Facebook