Rogelio Alonso Chao
Quick Facts
Biography
Rogelio Alonso Chao, nado no Souto (Freás, Punxín) o 30 de agosto de 1909 e finado na Arxentina, foi un político galego.
Traxectoria
Foi o fundador do Sindicato de Oficios Varios da Castiñeira (Punxín) daCNT, con Manuel López Lamas, a principios da década de 1930. Detido en xullo de 1934 con Manuel Amil e José Moreno despois dunha xira de propaganda pola Limia e Monterrei, foi novamente maltratado pola garda civil en agosto e marchou traballar na construción do ferrocarril en Requeixo de Seabra, onde participou na organización de sindicatos da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal e despois pasou a Madrid, onde participou na Agrupación de Gallegos Libertarios, da que foi nomeado delegado de Trabajo y Solidaridad en 1938. Ao final da guerra, regresou a Punxín, onde foi arrestado e condenado a 20 anos de prisión en maio de 1943, posteriormente conmutada por 12 anos. Estivo na Prisión Provincial de Ourense ata que obtivo a liberdade condicional en xuño de 1943. En outubro de 1946 residía en Punxín e solicitou a liberdade definitiva, para ir ás feiras a vender gando. Para escapar da represión, marchou a Arxentina.
Notas
- ↑ BOE, 24-7-1943, p. 7158.
Véxase tamén
Bibliografía
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004).Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. ISBN 84-87783-79-1.
- Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (A)
Ligazóns externas
- Ficha no Dictionaire des militans anarchistes (en francés)
- Ficha en Los de la sierra (en francés)