Rodrigo Álvarez Gantes
Quick Facts
Biography
Rodrigo Álvarez Gantes, nado en Ponteceso en 1906 e finado en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1937, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Fillo dun Garda civil. Trasladouse coa familia a Santiago de Compostela, onde estudou Maxisterio. Destinado na escola de pósito de pescadores de Escarabote, militante de Izquierda Republicana, foi concelleiro en Boiro logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto e, posteriormente, detido co tamén mestre José Caballero Rubio. Foi fusilado o 23 de febreiro de 1937. Os seu irmán Enrique, que exercía como mestre en Carballo foi destituído o 17 de agosto de 1938, e a súa irmá Clarisa, mestra de Landeira (Negreira), foi suspendida de emprego e soldo por seis meses.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Biografía en Ideologías (en castelán)
- Ficha en Nomes e Voces