peoplepill id: robert-a-champine
RAC
United States of America
1 views today
1 views this week
Robert A. Champine
American test pilot

Robert A. Champine

The basics

Quick Facts

Intro
American test pilot
Work field
Gender
Male
Place of birth
Saint Paul, Ramsey County, Minnesota, USA
Age
82 years
Education
University of Minnesota
Minneapolis, Hennepin County, USA
The details (from wikipedia)

Biography

Robert 'Bob' Apgar Champine, nado o 6 de marzo de 1921 en Saint Paul, Minnesota e finado o 17 de decembro de 2003, foi un piloto de probas dos Estados Unidos que traballou para a NASA.

Bob Champinee (esquerda) xunto con Herbert Hoover enfrnte do Bell X-1 co que superou a barreira do son.

Traxectoria

Bob Champine graduouse na Universidade de Minnesota en 1943, enrolándose na Armada dos Estados Unidos de América pilotando varios avións de combate antes unirse á NACA (a predecesora da NASA) en Langley en decembro de 1947 como piloto de investigación. O 2 de decembro de 1948 Champine converteuse no sexto humano e no terceiro civil en romper a barreira do son superando o Mach 1 no voo número 23 da NACA a bordo do segundo Bell X-1 construído. A mediados dos anos 1950 a NACA comezou a considerar en serio os voos espaciais e a investigar as súas implicacións. Champine foi enviado ao Centro de Desenvolvemento Aéreo da Armada en Johnsville, Pensilvania, para estudar por medio dunha centrífuga os efectos das grandes aceleracións nos pilotos, chegando a soportar aceleracións de 18 G. O 1 de outubro de 1958 a NACA deixou de existir para dar paso á NASA, que considerou que os mellores candidatos a astronauta serían os pilotos de proba. Champine influído na selección dos criterios que deberían cumprir os candidatos a astronauta, aínda que el mesmo foi descartado por ser demasiado alto. A principios dos anos 1960 participou nas probas do simulador de acoplamento espacial. Fixo tamén os primeiros voos no simulador do módulo lunar do proxecto Apollo.

Bob retirouse da NASA en xaneiro de 1979 pero continuou facendo voos de proba, incluíndo voos no simulador do entón futuro transbordador espacial. Faleceu o 17 de decembro de 2003.

Notas

  1. Mark Wade (2022). "Champine, Robert A" (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2022. 
  2. Monroe Conner, ed. (11 de agosto de 2022). "Robert A. Champine" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2022. Consultado o 14 de decembro de 2022. 
  3. Eric Vitug, ed. (25 de maio de 2017). "Robert A. Champine" (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2022. 
  4. Sandra Johnson (1 de maio de 2008).NASA, ed. "Gloria R. Champine Interviewed by Sandra Johnson" (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2022. 
  5. Academy of Model Aeronautics, ed. (maio de 2008). "The AMA History Project Presents: Biography of ROBERT (BOB) APGAR CHAMPINE" (PDF) (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2022. 

Véxase tamén

Outros artigos

  • NASA
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Robert A. Champine is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Robert A. Champine
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes