Richard G. Doty
Quick Facts
Biography
Richard G. Doty, nado o 11 de xaneiro de 1942 en Portland, Oregón, e finado o 2 de xuño de 2013 en Falls Church, Virxinia, foi un numismático estadounidense.
Traxectoria
Richard G. Doty naceu no barrio de St. Johns, ao norte de Portland, o 11 de xaneiro de 1942, único fillo de George Barney Doty e Angeline Charlotte Petersen. Alí pasou a súa infancia e cursou a educación primaria e secundaria.
Richard Doty graduouse en Historia na Universidade Estatal de Portland en 1964 e posteriormente acadou o doutoramento en Estudos Lationoamericanos na Universidade do Sur de California en 1968.
Os anos seguintes dedicouse á docencia universitaria da Historia da América Latina e dos EEUU, en condición de profesor axudante, no Central College de Iowa (1967-1970), no York College de Nova York (1970-1971), e na Universidade de Guam (1971-1973).
Fóra do ámbito académico, en 1974 comezou a traballar na American Numismatic Society (ANS), de Nova York, como conservador da sección de moeda moderna e do departamento de moeda, posto que ocupou ata 1986. Ese ano ingresou como conservador de numismática occidental da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, albergada no National Museum of American History, do Instituto Smithsoniano. En 2005 foi ascendido a conservador titular da colección, posto no que permaneceu ata o seu falecemento.
Doty centrou varias das súas investigacións na análise de coleccións numismáticas de diversos museos e institucións. Outros dos seus focos de interese foi a tecnoloxía da cuñaxe, aspecto no que foi considerado un experto; neste aspecto destaca o seu estudo sobre a figura de Matthew Bolton, pioneiro na aplicación da máquina de vapor á cuñaxe, na súa Ceca de Soho.
Richard Doty foi presidente fundador (1998-2007) do Comité Internacional para os Museos Monetarios e Bancarios (ICOMON), parte do Consello Internacional de Museos (ICOM), da UNESCO.
No ámbito persoal, Richard G. Doty contraeu matrimonio en catro ocasións; os nomes das súas esposas foron Joyce, Caroline, Margaret e Cindi Roden.
Doty faleceu aos 71 anos en Falls Church, Virxinia, o 2 de xuño de 2013, vítima dun linfoma.
Recoñecementos
- (1998): Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society, de Londres.
- (2000): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.
- (2011): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.
- (2013): Premio á traxectoria (Lifetime Achievement Award), da American Numismatic Association, de Colorado Springs (a título póstumo).
Publicacións
Estes son os traballos monográficos publicados por Ricgard G. Doty ao longo da súa carreira, así como unha escolma dalgúns dos seus artigos:
Monografías
- (1976). Studies on money in early America (con E. P. Newman). American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0897220651
- (1976). Coins of the World. Bantam Books, Nova York. ISBN 9780552628945
- (1977). Paper Money of the World. Bantam Books, Nova York. ISBN 9780553115680
- (1978). Money of the world. Grosset & Dunlap, Nova York. ISBN 9780448164502
- (1978). America's Money, America's Story. Krause Publications. ISBN 9780873416184
- (1982). The Macmillan Encyclopedic Dictionary of Numismatics. Macmillan, Nova York. ISBN 9780025322707
- (1984). America's Copper Coinage 1783-1857. American Numismatic Society, Nova York.
- (1995). Token: America's other Money (ed.). Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 10. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897222600
- (1998). The Soho Mint & the Industralization of Money. British Numismatic Society / Spink, Londres. ISBN 9781902040035
- (2004). Pictures from a distant country: images on 19th century U.S. currency. Boson Books. ISBN 9781932482157
- (2006). Money of the Caribbean (con J. M. Kleeberg, eds.). Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 15. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0-89722-285-3
- (2013). Pictures from a Distant Country: Seeing America throught Old Paper Money. Whitman Pub., Atlanta. ISBN 9780794832551
Escolma de artigos
- (1986). "A mint for Mexico: Boulton, Watt and the Guanajuato mint". En British Numismatic Journal 56. British Numismatic Society. Páxinas 124-145.
- (1987). "Early United States copper coinage: the English connection". En British Numismatic Journal, 57. British Numismatic Society. Páxinas 54-76.
- (2008). "The industrialization of money : crises, responses, successes and disappointmentsArquivado 29 de marzo de 2020 en Wayback Machine.". En Journal of the Numismatic Association of Australia 19. Páxinas 31-43.
Notas
- ↑ Hoge, R. W. (2013) Arquivado 25 de marzo de 2021 en Wayback Machine..
- ↑ "Richardd (Dick) G. Doty, 1942-2013. Smithsonian Curator". En Coins Weekly. 6 de xuño de 2013.
- ↑ "Richard (Dick) G. Doty, 1942-2013". National Museum of American History.
- ↑ Véxase (1998) en "Publicacións".
- ↑ Dazio, S. (2013).
- ↑ Roach, S. (2013).
- ↑ "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Smithsonian's Richard Doty receives 2011 Huntington Award". National Museum of American History.
- ↑ "Past Award Recipients". American Numismatic Association.
- ↑ "Doty, Richard G. 1942-2013 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Doty, Richard G.". WorldCat Identities.
- ↑ "New Doty Book on Obsolete Paper Money". En Coins Weekly. 4 de abril de 2013.
Véxase tamén
Bibliografía
- Dazio, S. (2013). "Richard Doty, money expert, Smithsonian curator; at 71". En The Boston Globe. 15 de xuño de 2013.
- Hoge, R. W. (2013). "Obituary: Richard George Doty (1942-2013) Arquivado 25 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". En American Numismatic Society Magazine. 1 de setembro.
- Nmah (2013). "Remembering Dr. Richard G. Doty: He gave overlooked numismatic stories new shine". National Museum of American History. 15 de xullo.
- Roach, S. (2013). "Smithsonian curator Richard G. Doty dies". En Coin World. 9 de xuño.