peoplepill id: ricardo-portela
RP
Spain
1 views today
1 views this week
The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Ricardo Emilio Avelino Portela Bouzas, máis coñecido como Ricardo Portela, nado en Viascón o 4 de novembro de 1920 e falecido o 24 de marzo de 1992, foi un gaiteiro galego.

Traxectoria

Seu pai xa era gaiteiro e acordeonista. Tiña tres irmáns, Alba e Xesús e Xosé, estes últimos tamén músicos. Con 12 anos mudouse coa súa familia a Vigo, onde recibiu clases de gaita de Xosé Oliveira Blanco, O Moreno de Lavadores. Coa chegada da guerra civil o seu mestre marchou á fronte, e o pai de Ricardo foi ameazado de morte polos falanxistas.

En 1939 incorporouse ao servizo militar, e pasou polos cuarteis de Vigo, Lleida, A Coruña, Tàrrega, Mataró (onde lle roubaron a gaita), Granollers, outra vez Mataró, e Pontevedra. Rematou o servizo en 1945. En 1944 casara con Osita Laredo, coa que tivo á súa filla Rosa. Máis tarde mudáronse a Lugo.

Tras 13 anos sen tocar a gaita, ao non atopar unha de calidade similar á que lle roubaran, coñeceu o vigués Antonio Fernández, que tiña unhas de ébano que pertenceran a Faustino Santalices. Por mediación de Antonio Fernández, Portela coñeceu un artesán de Lugo que seguía as directrices de Santalices, encargándolle dúas gaitas afinadas en dó.

En 1955 emigrou a Venezuela, onde fundou a Escola de Gaita do Lar Galego de Caracas. Ao regreso en 1959 estableceuse en Pontevedra como protésico dental e posteriormente como celador no Hospital de Montecelo.

En 1979 escoitou unha gaita feita por Xosé Seivane que lle lembrou á que lle roubaran. Con esa e as outras dúas gravou o seu legado musical. O seu primeiro disco, de 1968, xunto co seu irmán Xesús e tres percusionistas vigueses. En 1980 aparece Festa en Viascón, co que se faría moi coñecido nos círculos gaiteiros. Portela chegou a tocar na Universidade de Santiago, por iniciativa de Filgueira Valverde no ano 1985. O seu último disco, Alborada en Cotobade, apareceu no ano 1990.

Nos últimos anos sufriu unha anxina de peito, e os médicos recomendáronlle que deixase a música. Os seus amigos idearon un sistema para facilitarlle o sopro, e seguiu tocando decotío. Malia que tiña dito que quería morrer tocando a gaita, non puido ser. Faleceu dun ataque ao corazón.

Ricardo Portela está considerado como un dos grandes gaiteiros tradicionais, e foi un gran defensor da dignidade do instrumento ao manterse afastado dos círculos oficiais que o relegaban a instrumento para amenización e exhibición patriótica, como curiosidade exótica, pintoresca, dun indixenismo inocuo. Na súa memoria o concello de Pontevedra organiza desde o ano 2000 o "Memorial Ricardo Portela e Irmáns Pichel", un concurso con participantes de toda Galiza na categoría de toque pechado en solista.

Discografía

  • Irmáns Portela (1968)
  • Festa en Viascón (1980)
  • Alborada en Cotobade (1990)

Presenza en recompilatorios

  • Galiza a José Afonso (1985, "Muiñeira de Farruco");
  • Instrumentos musicais populares galegos (1987, "Muiñeira de Pontesampaio");
  • Galicia. Música Tradicional (1993, "Pasarrúas");

Discos de homenaxe

  • Foliada nas Rías Baixas (2008)

    Notas

    Véxase tamén

    Bibliografía

    • Calle, José Luis: Ricardo Portela: dúas palabras verbo da gaita galega (1988)

    Ligazóns externas

    The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
    Lists
    Ricardo Portela is in following lists
    comments so far.
    Comments
    From our partners
    Sponsored
    Ricardo Portela
    arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes