Rexina Vega
Quick Facts
Biography
Rexina Rodríguez Vega, nada en Vigo en 1966, é unha escritora e investigadora da literatura galega.
Traxectoria
Doutora en Filoloxía Románica, profesora e investigadora no ámbito da literatura galega, é especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que ten publicados varios estudos. Exerceu tamén a crítica literaria en publicacións como A Nosa Terra, Grial ou o Anuario de Estudos Literarios Galegos.
Durante os anos noventa exerceu a docencia na área de filoloxía galego-portuguesa na Universidade Autónoma de Barcelona. Actualmente é profesora do departamento de Lingua española na Universidade de Vigo, tendo sido anteriormente profesora de Lingua e literatura galega no Instituto San Tomé da mesma cidade e do Departamento de Lingua Galega no IES Plurilingüe Terra de Turonio.
Obra
Narrativa
- Cardume (2007, Xerais).
- Dark Butterfly (2012, Xerais).
Ensaio
- Os outros feirantes, de Álvaro Cunqueiro (1992, Edicións do Cumio).
- Álvaro Cunqueiro: unha poética da recreación (1997, Laiovento).
- Bilingüismo e autotradución na obra de Álvaro Cunqueiro (2000), Universitat de Barcelona).
Edicións
- Ten que doer. Literatura e identidade, de Suso de Toro (2004, Xerais).
- A volta da perdida. Obra inédita incautada polos militares en 1936, de Urbano R. Moledo (2007, Edicións do Castro).
Obras colectivas
- Álvaro Cunqueiro e as amizades catalanas. Actas do Congreso Internacional "Álvaro Cunqueiro a Catalunya" (2003, Edicións do Castro).
- Álvaro Cunqueiro: fotobiografía sonora (2009, Ouvirmos). Con César Morán.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
- Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora.
Premios
- Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación, por Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación.
- Premio Xerais no 2007, por Cardume.
- Premio Stendhal, e finalista do Premio Nacional de Tradución, pola obra de Georges Perec El secuestro.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Rexina Vega na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.