Regina Polín Rodríguez
Quick Facts
Biography
Regina Polín Rodríguez, nada en Covelas (Castroverde) o 7 de setembro de 1950, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Licenciada en Filoloxía Española pola Universidade de Santiago de Compostela, foi mestra titular de lingua Inglesa no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.
Nas eleccións municipais de 2003 presentou a súa candidatura nas listas do PSdeG-PSOE, presentándose como independente en substitución do seu marido, tamén candidato á alcaldía e deputado provincial en anteriores comicios. Logo de superar por 200 votos á candidatura do PPdeG, foi elixida alcaldesa coa colaboración do único representante do BNG. Máis tarde abandonou a súa independencia co ingreso no PSdeG-PSOE.
Nas eleccións municipais de 2007 acadou a maioría absoluta ó facerse con 7 concelleiros dos 13 en xogo, logro recompensado cunha acta na Deputación Provincial de Lugo na que foi nomeada delegada da Área de Economía e Facenda.
Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do PSdeG e foi elixida alcaldesa co apoio do BNG.
Predecesor: María José Vázquez Lorenzo | Alcaldesa de Guitiriz 2003 - 2011 | Sucesor: Xosé María Teixido Núñez |
Predecesor: Xosé María Teixido Núñez | Alcaldesa de Guitiriz 2015 - actualidade | Sucesor: no cargo |