Ramón Vigo Sambade
Quick Facts
Biography
Ramón Ramiro Vigo Sambade, nado en Cee o 27 de abril de 1964, é un médico e político galego.
Traxectoria
Médico de profesión, é especialista en Medicina do Traballo. Exerceu como inspector médico na Xunta e na Seguridade Social. Traballou como médico titular no departamento de Xeriatría da residencia viguesa do Meixoeiro.
Actividade política
Fundou en 1995 a agrupación Independentes por Cee (IxCee). Entre 1995 e 1999 formou parte do goberno local de Cee grazas a un pacto co PSdeG, que abandonou pouco antes das eleccións municipais. En 2001 asinou unha moción de censura co PPdeG que desbancou aos socialistas da alcaldía. Accedeu á alcaldía de Cee nas municipais de 2007 grazas a un pacto co PSdeG. É o presidente da asociación para o desenvolvemento comarcal Neria. O 31 de xaneiro de 2011 foi detido na Operación Orquestra, resultando imputado de supostos delitos de prevaricación, suborno, tráfico e malversación, e quedando en liberdade con cargos tras pagar a fianza decretada polo xuíz. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde como cabeza de lista da candidatura máis votada. Cesou como alcalde o 1 de marzo de 2012 como consecuencia dunha moción de censura presentada por PPdeG e BNG.
No ano 2015, nas eleccións municipais, volveu conseguir a alcaldía do concello.
Predecesor: Antonio Domínguez García | Alcalde de Cee 2007 - 2012 | Sucesor: Zaira Rodríguez Pérez |
Predecesor: Zaira Rodríguez Pérez | Alcalde de Cee 2015 - actualidade | Sucesor: no cargo |
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Cee