Ramón Muñiz
Quick Facts
Biography
Ramón Muñiz de las Cuevas, nado en Ourense o 6 de agosto de 1942, é un sociólogo e político galego.
Traxectoria
É licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía. Funcionario estatal, traballou como sociólogo rural no Servizo de Extensión Agraria, despois foi transferido á Xunta de Galicia no ámbito dos servizos sociais, exercendo no goberno tripartito de xefe de servizo de planificación. Experto en temas sociais, promoveu varias ONG como a Asociación de Traballo Social Comunitario da que foi presidente e a Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, actuando como vicepresidente.
Foi membro da dirección nacional da UPG na época da clandestinidade. Fundador dos CALL (Comités de Axuda á Loita Labrega) e promotor das Comisións Labregas e da ANPG na clandestinidade. Tamén foi un dos promotores e fundadores do BNG e membro da súa primeira Dirección Nacional como independente.
É presidente da "Irmandade Moncho Valcarce". Tamén é articulista do xornal galego de información xeral A Peneira e da súa edición dixital.
Obras
Ensaio
- Os labregos diante da loita de Liberación Nacional, 1979.
- Aspectos sociolóxicos da montaña galega, a familia, a comunidade e a ideoloxía.
- Estudio sobre a muller na sociedade agraria galega.
- Alternativas estructurais e produccións agrícola-ganadeiras, 1988.
- A muller na agricultura, 1988.
- O pobo oculto: pobreza e acción social en Galicia, 1996, A Nosa Terra.
- Guía das fervenzas da Coruña, 2001, Edicións do Cumio.
- Benvida maldita vellez, 2004, Laiovento.
- Guía das fervenzas de Pontevedra, 2006, Edicións do Cumio.
- Guía das fervenzas de Lugo e Ourense, 2009, Edicións do Cumio.
Obras colectivas
- Fouce: voceiro das Comisións Labregas de Galicia. Etapa da clandestinidade : (1973-1977), 1995, Espiral Maior.
- O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, 2005, Baía Edicións.
- Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, 2009, Fundación Bautista Álvarez.