Ramón Maseda Reinante
Quick Facts
Biography
Ramón Maseda Reinante, nado en Ribadeo o 29 de abril de 1880 e finado na Coruña o 31 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
Oficial do Ministerio de Mariña. Foi presidente da Agrupación Socialista da Coruña, secretario da Liga Española de los Derechos del Hombre e presidente do Centro Cultural Sociedad Antorcha Galaica del Libre Pensamiento. Foi promotor do grupo de vivendas unifamiliares do Campo Volante da Coruña.
En abril de 1936 foi elixido compromisario para a elección do presidente da República. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, foi detido o 20 de xullo, ingresou na prisión provincial onde estivo incomunicado. Sometido a consello de guerra por rebelión militar, foi condenado á pena de morte e fusilado en punta Herminia o 31 de agosto.
Dende 2003, unha rúa de Culleredo leva o seu nome.