Ramón García Briones
Quick Facts
Biography
Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.
Traxectoria
Traballou como auxiliar administrativo interino na Junta de Obras del Puerto de Vilagarcía de Arousa. Participou da actividade cultural de Vilagarcía e foi amigo de Aquilino Iglesia Alvariño, Celestino Noya ou Luís Viñas Cortegoso. Colaborou nos xornais La Noche, El Correo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia, e nas revistas Vida Marítima, La Estafeta Literaria e Revista de Economía de Galicia.
Obras
- Plan Comarcal Compostela.
- Jesús el Gallego y otros relatos.
Recoñecementos
Recibiu o Premio Pérez Lugín polos seus artigos literarios na prensa diaria e o Premio Enrique Lorenzo. Recibiu a Medalla Castelao en 1987.