Ramón Carnero
Quick Facts
Biography
Ramón "Moncho" Carnero González, nado o 8 de novembro de 1953 en Vigo, é un ex futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de defensa.
Traxectoria
Como futbolista tras xogar en equipos como o Arosa SC ou o CD Logroñés chegou a xogar en Segunda División no Deportivo Alavés durante dúas tempadas, dende o ano 1977 ao 1979, ainda que so disputaría un encontro na primeira das dúas.
Como adestrador pasou a maior parte da súa carreira no equipo técnico do Celta de Vigo sendo o home de confianza e segundo adestrador de case todolos técnicos que pasaron polo banco do equipo na década dos noventa e comezos do século XXI a excepción de Carlos Aimar, dende Txetxu Rojo, Fernando Castro Santos e Javier Irureta ata Víctor Fernández, Miguel Ángel Lotina e Radomir Antic.
Na tempada 2003–04 ante a mala situación do Celta o adestrador Lotina foi substituido mediada a tempada polo técnico serbio Antic, ainda que Carnero xa dirixiu o equipo ata a toma de posesión do novo adestrador, a gran oportunidade presentouselle a oito partidos para o remate da tempada, cando tamén Antic foi distituido e encargouselle a Carnero e a Rafa Sáez, ata o momento adestrador do Celta de Vigo B, salvar ao equipo do descenso a Segunda División. Pese a un moi bo final de tempada non conseguiron o obxectivo, consumandose o descenso na última xornada.
Ao final da mesma Carnero deixou o posto de adestrador e Rafa Sáez volveu ao filial.
Na actualidade é o adestrador do Celta de Vigo de Fútbol indoor, e na tempada 2013 consegiu quedar campión da Liga Fertiberia de Futbol Indoor, gañandolle a final o Valladolid.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do adestrador en bdfutbol.com (en castelán)