Rafael Fernández Cardoso
Quick Facts
Biography
Rafael Fernández Cardoso, nado en Andalucía cara 1884 e finado na Arxentina en 1951, foi un político galego.
Traxectoria
De orixe andaluza, chegou a Ribadeo nos anos 1920, exercendo de dentista. Masón, pertecía á loxia Lucus nº 5. Foi presidente da agrupación local do Partido Republicano, e coa chegada da República foi elixido alcalde de Ribadeo pola Alianza Republicana, en coalición co Partido Socialista o 5 de xuño de 1931. Militou no Partido Republicano Radical, sendo presidente do Club Republicano Radical de Ribadeo e logo da desfeita deste pasou a Unión Republicana. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi suspendido do seu cargo xunto co resto da corporación. Foi reposto no cargo (xunto co resto da corporación suspendida) polo Gobernador civil en xaneiro de 1936. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias, exiliándose despois en Arxentina.
A súa muller, Blanca Quiroga Martínez, foi procesada o 6 de agosto de 1936 por orde do Comandante Militar de Ribadeo, por "implicación en alzamento en armas contra as forzas do exército" e fuxiu con Rafael desde Cabanela.
O seu irmán Leopoldo Fernández Cardoso dirixiu o periódico El Radical del Eo.
Predecesor: ? | Alcalde de Ribadeo 1931 - 1934 | Sucesor: ? |
Predecesor: ? | Alcalde de Ribadeo 1936 | Sucesor: ? |
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
- Rafael Fernández Cardoso na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Represión franquista en Lugo