Piti Sanz
Quick Facts
Biography
Vicente Luís Sanz Muñoz, coñecido como Piti Sanz, nado en Huelva en 1966, é un músico e compositor galego con numerosos traballos dentro do audiovisual galego e español así como no mundo do teatro.
Traxectoria
Posúe tres premio María Casares á mellor música orixinal por Finis Mundi Circus en 1999, Ñiki Ñaque en 2001 e mais Policía en 2002. Ten un cuarto por "Se o vello simbad volvese as illas" aínda que o seu nome non aparece na listaxe oficial. Gañou catro premios Mestre Mateo do audiovisual: polas películas Entre bateas, A noite que deixou de chover e 18 comidas' e pola serie O Nordés
É o autor da banda sonora de filmes como Mataharis ou series como Terra de Miranda. Traballou con directores como Alfonso Zarauza ou Jorge Coira. Foi cofundador dos grupos Sindicato Agrario e Los Contentos e tocou en discos de Siniestro Total e Los Enemigos.
En 2007 foi candidato ós premios Goya, na categoría de "Mejor Canción Original", polo tema "Esa luz". Foi composto conxuntamente con Luís Tosar, con quen mantén o grupo musical Di Elas. A Academia retirou posteriormente este nomeamento.
No 2013 incorporouse á formación do grupo musical Os Resentidos.
Galardóns e nomeamentos
Premios Mestre Mateo
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor banda sonora | Entre bateas | Gañador |
Mellor banda sonora | Terra de Miranda | Nomeado | |
2008 | Mellor música orixinal | A noite que deixou de chover | Gañador |
2009 | Mellor música orixinal | O Nordés | Gañador |
2010 | Mellor música orixinal | 18 comidas | Gañador |
2012 | Mellor música orixinal | Era visto! | Nomeado |
2013 | Mellor videoclip | "Canto de Sirena" | Gañador |
Mello música orixinal | Era visto! | Nomeado | |
2014 | Mellor música orixinal | Os fenómenos | Nomeado |
Notas
- ↑ "Ficha an Axencia Audiovisual Galega". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2018.
- ↑ Luis Tosar, Piti Sanz e García de Leániz, 'desnominados' dos Goya Arquivado 19 de abril de 2008 en Wayback Machine., nova en Galiciaé o 19 de decembro de 2007.
- ↑ Non tiñamos as enerxías para denunciar á Academia dos Goya, nova en La Opinión. (en castelán)
- ↑ "El músico lucense Piti Sanz ficha como guitarrista de Os Resentidos". El Progreso (en castelán). 5 de setembro de 2013. Consultado o 28 de xullo de 2016.