peoplepill id: philip-attwood
PA
United Kingdom Great Britain
1 views today
1 views this week
Philip Attwood
British numismatist

Philip Attwood

The basics

Quick Facts

Intro
British numismatist
Gender
Male
Age
70 years
Awards
Fellow of the Society of Antiquaries
 
The details (from wikipedia)

Biography

Philip Attwood, nado en 1954, é un numismático británico vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, do que foi conservador xefe ata a súa xubilación en 2020.

Traxectoria

Philip Attwood acadou a súa graduación en Historia Antiga e Arqueoloxía na Universidade de Birmingham en 1975.

Ingresou no Museo Británico en 1978, inicialmente como asistente no Departamento de Antigüidades Gregas e Romanas, e o ano seguinte como conservador no Departamento de Moedas e Medallas. En 2010 foi nomeado conservador xefe deste departamento, posto no que sucedeu a Joe Cribb.

Na súa condición de conservador xefe foi responsable do programa de adquisicións do departamento. Entre estas incorporacións aos fondos do museo cómpre salientar unha espectacular medalla de ouro do escultor británico Alfred Gilbert (1854-1934). Tamén nese período se produciu a importante doazón levada a cabo pola súa compañeira de departamento Marion Archibald, que se fixo efectiva logo do falecemento desta en 2016.

Nas súas investigacións especializouse na medallística italiana renacentista do século XVI e na británica do século XIX.

Attwood é desde 2012 presidente da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM). Entre 2008 e 2018 tamén presidiu a Sociedade Británica da Medalla de Arte, de cuxo xornal (The Medal) é o editor. Ademais, foi nomeado membro de honra da Sociedade Real de Numismática de Bélxica.

O 1 de maio de 2020 xubilouse logo de 41 anos ao servizo do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.

Recoñecementos

  • (1992 e 2003). Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society, de Londres.

Publicacións

  • (1992). Artistic circles: the medal in Britain 1880-1918. British Museum. ISBN 9780714108742
  • (2002). British art medals 1982-2002. British Art Medal Society. ISBN 978-0953698837
  • (2003). Italian medals, c.1530-1600, in British public collections. British Museum. ISBN 9780714108612
  • (2004). Badges. British Museum. ISBN 9780714150147
  • (2004). The British Columbia medals of John Lobban: painter, sculptor, designer and illustrator 1919-1996. British Art Medal Society. ISBN 9780953698851
  • (2009). Medals of dishonour. British Museum. ISBN 9780714118161
  • (2014). Hard at work: the diary of Leonard Wyon 1853-1867. Spink, Londres. ISBN 9781907427329
  • (2015). Medal Artists of New Zealand: regroup, reflect, regenerate. Marte Szirmay, Auckland. ISBN 9780473329037

Notas

  1. "Philip Attwood". The British Museum.
  2. "Attwood, Philip". En Coins Weekly. 11 de xaneriro de 2017.
  3. "Philip Attwood Arquivado 08 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Money & Medals.
  4. "Change at the British Museum: Philip Attwood retires after 41 years". En INC News. International Numismatic Council. 27 de febreiro de 2020.
  5. "Philip Attwood Left the British Museum After 41 Years". En Coins Weekly. 21 de maio de 2020.
  6. "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Philip Attwood is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Philip Attwood
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes