Pepe Barro
Quick Facts
Biography
Xosé Barro, coñecido como Pepe Barro, nado en 1955 en Pontedeume, é un deseñador, ilustrador e escritor galego.
Traxectoria
Primeiro como independente (1977), despois á fronte do Grupo Revisión (1985) ou desde Barro Deseño (2013) leva desenvolvendo traballos de deseño editorial coma o do semanario A Nosa Terra (1977), o Diario de Galicia (1987), a revista Tempos (1996), e as publicacións de Turgalicia entre 2001 e 2004. No 2000 o Museo Raíña Sofía elixiu o de Turgalicia como un dos cen logos do século XX. Tamén proxectou a identidade corporativa da Universidade da Coruña, o Consello da Cultura Galega, Edicións Xerais, Denodo e Culturgal. Tamén deseñou exposicións como a do centenario da Real Academia Galega (2006); Rosalía de Castro, no principio foi o verso (2013), ou a Casa-Museo Manuel Antonio (2011)
En 2016 deseñou as exposicións Con-fío en Galicia; Saúde e Terra, irmá(n)s!, centenario das Irmandades da Fala, Galicia 100, obxectos para contar unha cultura. En 2017 concluíu a renovación museolóxica e museográfica da Casa Museo de Rosalía. Outros traballos seus son os deseños para a selección galega de fútbol, a caixa de ovos do pazo de Vilane, os albariños Terra de Asorei e mesmo os primeiros «cuponazos» da ONCE. Ademais ilustrou libros como Arnoia, Arnoia ou Cantares gallegos.
É membro da Asociación Galega de Deseño (DAG).
Publicacións
- O como é o que conta (2004), autoedición. Trinta artigos sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura, edición de cen exemplares asinados e numerados.
- Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza (2018), Xerais, 304 páx. ISBN 978-84-9121-426-7. Segundo a editora: "Velaquí cen historias da historia da nosa cultura, cen artigos que son un convite a debullar os códigos da comunicación visual".
Premios
- Premio da Crítica Galega en 1983.
- Premio Galicia de Deseño Ateneo de Ourense en 1984.
- Premio Xerais á Cooperación Editorial en 2000.
- Premio AEPD en 2006.
- Premio de Honra do Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia en 2017.
Notas
- ↑ "Ficha do autor en Xerais". xerais.gal. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "Barro, Salgado, Santana (Grupo Revisión Deseño)". gruporevision.net. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "Barro Deseño". pepebarro.gal. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "feet 2010" (PDF). xunta.gal. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "Pepe Barro". didac.gal. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "A exposición ‘No principio foi o verso. Rosalía de Castro’ inaugurarase o 15 de maio". rosalia.gal. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "Casa museo Manuel Antonio". dag.gal. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "Con-Fío en Galicia". confioengalicia.gal. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "Saúde e terra, irmá(n)s" (PDF). academia.gal. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "«Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura» en A Coruña". afundacion.org. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ Pepe Barro, creador de la caja de huevo campero Pazo de Vilane (You Tube). 20/12/2018.
- ↑ "Entrevista a Pepe Barro". dag.gal. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ Ilustracións de Pepe Barro para 'Cantares gallegos' (You Tube). 20/12/2018.
- ↑ "Socios". dag.gal. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "O como é o que conta. O libro achega un feixe de artigosde Pepe Barro sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura.". dag.gal. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "Pepe Barro". premiosdacriticagalicia.org. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "Pepe Barro". escolarte.com. Consultado o 20/12/2018.
- ↑ "As tres Rosalías de Pepe Barro na EASD Antonio Faílde". dag.gal. Consultado o 20/12/2018.