Pedro Gómez Antón
Quick Facts
Biography
Pedro Gómez Antón, nado o 31 de xaneiro de 1933 en Ourense e finado o 23 de decembro de 2015 na mesma cidade, foi un crego, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Fillo dun bombeiro de Ourense, Gómez Antón estudou nos seminarios católicos de Ourense e en 1956 é ordenado sacerdote. Continuou estudando e licenciouse en Teoloxía en 1962 na Universidade Pontificia de Comillas e en Xornalismo en 1965 na Universidade Complutense de Madrid. A súa carreira como crego lévao primeiro á parroquia de Santa Eufemia, no centro de Ourense, e despois a Valongo, Santo André do Castro de Beiro (desde 1965) e As Lagoas (desde 1984 ata a súa xubilación en 2012.
En 1967 nomeárono director de Radio Popular en Ourense, aínda que ao longo da súa carreira radiofónica alternou entre as emisoras locais de COPE e Cadena SER, onde ocupou postos directivos e de redacción. Tamén foi un articulista constante ao longo de varias décadas no xornal La Región. Como docente, deu clase de Ética na escola universitaria de Enfermería de Ourense.
Como escritor dedicouse ao ensaio cunha vintena de obras de investigación histórica e cultural de ámbito local, en particular sobre a Xeración Nós e Basilio Álvarez.
Obra
- A derradeira dimensión de Otero Pedrayo, 1980
- Apuntes menores de Risco, 1983
- El cardenal Quevedo en Tourém, 1997
- O microbus. Relatos dunha viaxe, 1981
- A relixiosidade popular galega: Risco/Cuevillas, 1992.