Pedro Afonso
Quick Facts
Biography
Pedro Manuel Cardoso Piçarra Morais Afonso, nado en Lisboa o 25 de febreiro de 1982 é un xogador portugués de hóckey a patíns que ocupa a posición de defensa-medio. Actualmente xoga no Candelária Sport Clube portugués.
Traxectoria
Debutou no CD Paço d'Arcos na tempada 2001-02 (xogando no equipo sénior e no júnior), a este club estivo ligado ata a tempada 2004-05, na que fichou polo SL Benfica, no que xogou tres tempadas ata que foi cedido ao Candelária, no que xogaría dúas tempadas ata o seu retorno ao Benfica na tempada 2009-10. No verán do 2010 asinou polo H.C. Liceo, club no que militou durante unha tempada, voltando para a tempada 2011-12 ao club das Azores.
Vestiu a camisola da selección portuguesa en máis 50 ocasións e gañou diversos títulos, tanto en categorías inferiores como en categoría sénior.
Equipos
- CD Paço d'Arcos: 1999-2000 á 2001-2002 (júnior)
- CD Paço d'Arcos: 2001-2002 á 2003-2004
- SL Benfica: 2004-05 á 2006-07
- Candelária Sport Clube: 2007-08 á 2008-09
- SL Benfica: 2009-10
- H.C. Liceo: 2010-11
- Candelária Sport Clube: dende 2011-12
Títulos
SL Benfica
- 1 Copa de Portugal: 2009-10
HC Liceo
- 1 Copa de Europa: 2010-11
Selección portuguesa
- 1 Copa Latina
- 1 Torneo das Nacións de Montreux (2009)
- 2 Campionatos de Europa en categorías inferiores (1998 e 2000)
Curiosidades
Debutou no Paço d'Arcos o mesmo ano que Ricardo Barreiros con quen coincidiu na súa etapa de júnior, fichou o mesmo ano que Barreiros polo Benfica e dende a tempada 2010-11 xogarán os dous no Liceo.