Paula Ojea
Quick Facts
Biography
Paula Ojea Fernández-Colmeiro, nada en Nigrán en 1983, é unha enxeñeira e ceramista galega. En 2019 recibiu o Premio Nacional de Artesanía na categoría de Premio Produto.
Traxectoria
Paula Ojea comezou a facer cerámica de nena no taller municipal de Nigrán, onde tivo a Emilia Guimeráns como profesora. Estudou enxeñería de camiños,canais e portos na Universidade da Coruña e posteriormente traballou en Nova York como enxeñeira de estruturas. Tras realizar un máster en sostenibilidade e transporte en Londres marchou a Barcelona, onde traballou nunha compañía adicada ao deseño e montaxe de torres para turbinas eólicas.
Posteriormente deixou o seu traballo en Barcelona para dedicarse a cerámica en Vigo, creando o seu estudo. En 2017 recibiu a bolsa Eloy Gesto, outorgada nos Premios de Artesanía de Galicia.
Recoñecementos
En 2019 obtivo o recoñecemento na categoría de produto nos Premios Nacionais de Artesanía que convoca o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
Notas
- ↑ "La ceramista sin vértigo". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-02-01. Consultado o 2020-08-23.
- ↑ Calero, Juan F. (2020-02-26). "Paula Ojea (Ojea Studio): “Cada vez más gente aprecia lo auténtico, las cosas que cuentan una historia” - innovación en español". innovaspain (en castelán). Consultado o 2020-08-23.
- ↑ "Paula Ojea, la ceramista gallega que ha ganado el Premio Producto de Artesanía". Quincemil (en castelán). Consultado o 2020-08-23.
- ↑ culturagalega.org (2019-12-05). "A ceramista Paula Ojea obtivo tamén un dos galardóns que outorga o Ministerio de Industria". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2020-08-23.
- ↑ "Acerca de OJEA STUDIO". OJEA STUDIO (en castelán). Consultado o 2020-08-23.
- ↑ "Una apuesta certera por la cerámica". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-23.
- ↑ Atlántico (2017-12-26). "Paula Ojea, ceramista con espíritu de artista y análisis de ingeniera". Atlántico (en castelán). Consultado o 2020-08-23.
- ↑ "Premios". Artesanía de Galicia. Consultado o 23-8-2020.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Paula Ojea empezou na enxeñería e rematou na cerámica. A revista fin de semana. TVG