peoplepill id: olimpio-arca
OA
Spain
1 views today
1 views this week
Olimpio Arca
Spanish writer

Olimpio Arca

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish writer
Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
Cuntis, Pontevedra Province, Galicia, Spain
Place of death
A Estrada, Pontevedra Province, Galicia, Spain
Age
86 years
Olimpio Arca
The details (from wikipedia)

Biography

Olimpio Arca Caldas, nado en Cuntis en 1928 e finado na Estrada o 25 de novembro de 2014, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria

Estudou bacharelato por libre durante cinco anos co mestre Aurelio Rey, e os dous últimos cursos realizounos en Santiago de Compostela. Rematou en 1944, e un ano despois acadou o título de Mestre Nacional. Funda en Cuntis a Academia Lumen para alumnos de bacharelato, maxisterio e comercio.

En 1951 ingresou como factor de intervención na Renfe. En 1954 casou cunha muller da Estrada e foi vivir a esa vila. En 1957 pasou a ser correspondente do Banco de La Coruña en Cuntis, e en 1960 pasou a ser Mestre do maxisterio público. Desempeñou con cargo provisional as escolas de Graduado da Estrada (1961) e da unitaria masculina de Matalobos (1962). Ao mesmo tempo impartiu clases particulares na Academia San Pelayo da Estrada. Por concurso de traslados foi destinado en 1963 á escola masculina de Torea (Muros), e ao ano seguinte pasou á de Pexegueiro (Tui).

No curso 1967-68 diplomouse en Ciencias para impartir 7º e 8º curso de EXB. Ao mesmo tempo realizou un curso de asistencia psiquiátrica a nenos con discapacidade mental. En 1968 pasou a dar clase na escola masculina de Couso, que pasou a ser mixta. Neste centro comezou a escribir obras de teatro para a súa representación polo propio alumnado.

En 1970, ao se establecer o ensino obrigatorio ata os 14 anos, creouse a Agrupación Escolar de Couso, onde foi o promotor da construción dunha aula para o alumnado da segunda etapa. En 1978 inaugurouse o CP Villar Paramá, en San Xurxo de Vea, a onde pasou o alumnado da Agrupación Escolar de Couso. Por concurso de traslados, no curso 1981-82 pasou a ocupar a praza de mestre no CP de Figueiroa de Arriba (A Estrada), no que exerceu varios cursos como director ata a súa xubilación en 1993.

Desde o ano 2017, o Concello de Cuntis convoca o Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais Olimpio Arca, en homenaxe ao mestre e escritor.

Premios

Ao longo da súa vida dentro do exercicio da docencia recibiu numerosos premios e distincións:

  • Premio Mantenga limpia España, do Ministerio de Información e Turismo (1970)
  • Certame do Día del Maestro, convocado pola Deputación de Pontevedra (1971)
  • Premio Embellecimiento de Pueblos, convocado pola Deputación de Pontevedra (1971, 1974 e 1976)
  • Premio de teatro escolar convocado pola Delegación de Xuventude (1973, 1974 e 1976)
  • Premio a traballo etnográficos con alumnos, convocado polo Museo de Pontevedra (1974, 1975, 1977, 1980 e 1992)
  • Primeiro Premio Xunta de Galicia con Castros da Estrada (1984)
  • Nomeado Mestre Representativo de Pontevedra por Familia e Gabinete Anaya (1975)
  • Cruz de Afonso X O Sabio (1977)
  • Primeiro Premio Comunidade Autónoma de Galicia en Educación y Ciencia “Naturaleza y Escuela” (1991)
  • Primeiro Premio RTVG Boa Saúde (1991)
  • Nomeado "Mestre exemplar" polo Museo de Pontevedra (1993).
  • Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela (1996) no Concello da Estrada
  • Premio San Martiño de normalización lingüística (2010)

Obra

Ensaio

Son moitos os ensaios saídos da súa pluma no tocante aos máis variados temas.

  • Mestres estradenses que fixeron escola (Concello da Estrada, 1993)
  • O carro do país (Museo do Pobo Estradense, 1994)
  • Memoría histórica do recreo cultural (Recreo Cultural, 1995)
  • O entroido no Ulla (Deputación de Pontevedra, 1995)
  • Waldo Álvarez Insua: Estradense, emigrante, escritor (Asoc. Fillos e Amigos da Estrada, 1997)
  • Emigrantes sobranceiros (Caixa de Pontevedra, 1998)
  • Canteiros de Cuntis (Caixavigo-Concello de Cuntis, 1998)
  • Xente na memoria: Manuel Bergueiro López (Museo do Pobo Estradense, 1998)
  • Certame escolar dos pereiriños (Colectivo Pereiriños, 2000)
  • Unha voz... Mary Isaura (Asoc. Fillos e Amigos da Estrada, 2001)
  • Bernardo Rodríguez Ribeira. Emigrante Sobranceiro (Fundación Cultural da Estrada, 2002)
  • Cuntis no recordo (edición do autor, 2003)

Teatro

Durante os seus anos de docencia o teatro ocupou un espazo primordial e anos máis tarde moitas destas obras pasarán dos escenarios ao libros.

  • Conversas coa Nobre Dama (Concello de Cuntis, 1999)
  • Pelexa no Souto (Ed. Fervenza, 2001)
  • Os reis do panchiño (Ed. Fervenza, 2002)
  • O enfermo 4M (Ed. Fervenza, 2003)
  • Soprar a tempo (Ed. Fervenza, 2004)
  • Mágoas de campesiños e señoritos (Ed. Fervenza, 2004)

Narrativa infantil-xuvenil

  • Pedriño (Asoc. Val Miñor, 1992; 3º Premio Contos para nenos)
  • O tren (Ed. Fervenza, 2003)

Obras colectivas

  • "Os hórreos no Val de Vea", en I Congreso Europeo do hórreo (Edit. Compostela, 1990)
  • "Apuntes a unha biografía de M. Reimóndez Portela", en Manuel Raimóndez Portela. Na lembranza (Ed. do Castro, 1996)
  • Ademais colaborou con diferentes traballos en todas as edicións anuais de A Estrada. Miscelánea histórica e cultural(Museo do Pobo Estradense)

Notas

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Olimpio Arca is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Olimpio Arca
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes