peoplepill id: nicolaas-westendorp
NW
Netherlands
1 views today
1 views this week
Nicolaas Westendorp
Schrijver

Nicolaas Westendorp

The basics

Quick Facts

Intro
Schrijver
Work field
Gender
Male
Place of birth
Groningen, Kingdom of the Netherlands, Netherlands
Age
63 years
The details (from wikipedia)

Biography

Nicolaas Westendorp, nado en Farmsum o 11 de febreiro de 1773 e finado en Losdorp o 5 de xullo de 1836, foi un pastor protestante e arqueólogo neerlandés da provincia de Groninga.

Traxectoria

Fillo dun mestre de escola, Westendorp estudou teoloxía na academia de Groninga. Como reverendo serviiu en Sebaldeburen (1797) e Losdorp (1812-1836) e tamén exerceu como supervisor de escola no cuarto distrito de Groninga. É sobre todo coñecido polas súas publicacións sobre temas arqueolóxicos e históricos. En 1809 publicou a súa primeira obra Eerste leerrede, gehouden in de nieuwe kerk te Sebaldeburen, benevens eene oudheidkundige verhandeling. En 1820 fundou o primeiro períodico dedicado á arqueoloxía nos Países Baixos, Antiquiteiten, que se mantivo ata 1826. A súa obra máis coñecida é unha historia da provincia de Groninga desde os primeiros tempos ata 1493, a Jaarboeken van en voor de provincie Groningen publicada en dous volumes (1829-1832). Postumamente saíu ao prelo a Algemeen overzigt der Romeinsche oudheden in de Noordelijke Nederlanden (1846). Tamén foi relevante o seu labor na recolleita de contos e lendas, considerado un pioneiro nos Países Baixos. Tamén foi precursor dos estudos sobre os frisóns orientais de Saterland ao publicar en 1819 o artigo "Over de Saterlanders" na revista Antiquiteiten que incluía unha das primeiras listas de palabras en frisón oriental.

Notas

  1. F. Jos. van den Branden, J.G. Frederiks (1888-1891) Biographisch woordenboek der Noord- en Zuidnederlandsche letterkunde
  2. P.J. Meertens (1978) Biografisch lexicon voor de geschiedenis van het Nederlands protestantisme
  3. R. B. Halbertsma (2004) Scholars, Travellers and Trade: The Pioneer Years of the National Museum of Antiquities in Leiden, 1818-1840. Routledge, p. 48
  4. Nieuw Nederlandsch Biografisch Woordenboek
  5. Donald Haase (2007) The Greenwood Encyclopedia of Folktales and Fairy Tales. Vol I. Greenwood Pres, p. 282
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Nicolaas Westendorp is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Nicolaas Westendorp
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes