Nicola Lopez
Quick Facts
Biography
Nicola Lopez, nado en Pau o 22 de decembro de 2002, é un activista francés, membro de Europa Ecoloxía Os Verdes (EELV) e co-fundador de Protección do Alto-Béarn.
Traxectoria
É estudante na Universidade de Pau e dos Países do Adur. É un militante moi activo dentro do colectivo Stop Camions en Vallée d'Aspe dende 2018, loitando contra o transporte de materiais perigosos no val. A súa primeira experiencia política foi nas eleccións municipais de 2020 coa Lista Ciudadana Oloron (LCO), da que foi un dos iniciadores. A lista obtivo o 14% dos votos.
En xuño de 2020, Nicola López foi un dos primeiros en unirse a EELV no Alto-Béarn como resultado da dinámica de 2020, e en 2021 fundou EELV Alto-Béarn.
Activismo
Nicola López é co-fundador da plataforma Protección do Alto-Béarn e responsábel de Comunicación na asociación "Des mots contre les maux" (en galego : Palabras contra males), unha organización que loita contra a violencia sexual. Tamén é moi activo nas redes sociais, onde ten máis de 150.000 seguidores.
Ademais, Nicola López sofreu intimidacións e ameazas de morte de grupos de extrema dereita, que en 2021 lanzaron un ataque contra as súas redes sociais e tamén realizaron intimidacións físicas.
Política
Nicola López foi un dos primeiros en unirse a EELV no Alto-Béarn en xuño de 2020, e en 2021 fundou EELV Haut-Béarn. Tamén participou en varias campañas electorais da NUPES en 2022, primeiro nos Pireneos Atlánticos e despois en Val do Marne.
Compromiso coa paz en Euskal Herria
Nicola López tamén está comprometido co proceso de paz en Euskal Herria.
Notas
- ↑ "Poids lourds en vallée d’Aspe : une centaine de manifestants à Accous, une pétition circule | Béarn Adour Pyrénées" (en francés). Consultado o 2023-05-11.
- ↑ "Oloron : EELV ouvre une antenne pour le Haut-Béarn". LaRepubliqueDesPyrenees (en francés). Consultado o 2023-05-11.
- ↑ "Pau : un militant et influenceur écologiste dénonce le piratage de son compte Facebook". LaRepubliqueDesPyrenees (en francés). Consultado o 2023-05-11.
- ↑ Olhagaray, Anaiz Aguirre (2020-12-24). "Processus de paix : des avancées et des nouvelles priorités". www.mediabask.eus (en francés). Consultado o 2023-05-11.