Nazario Pin
Quick Facts
Biography
Nazario Pin Fernández é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
Foi profesor de Educación Física no IES Río Cabe de Monforte. Foi candidato de Alianza Popular ao Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo nas autonómicas de 1985, non resultou elixido, pero tomou posesión como parlamentario o 13 de maio de 1986 substituíndo a Antonio Rosón Pérez. Foi elixido parlamentario nas eleccións autonómicas de 1989 e volveu ser elixido nas autonómicas de 1993. Encabezou a candidatura do PPdeG en Monforte de Lemos nas municipais de 1995 e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1999 conseguiu manterse á fronte do goberno local por moi poucos votos, e tiveron que repetirse as votacións en varias mesas por decisión do TSXG ao detectarse irregularidades.
Predecesor: José Castiñeira Puente | Alcalde de Monforte de Lemos 1995 - 2003 | Sucesor: Severino Rodríguez Díaz |
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Monforte de Lemos