peoplepill id: nazario-gonzalez-iglesias
NGI
Spain
1 views today
1 views this week
Nazario González Iglesias

Nazario González Iglesias

The basics

Quick Facts

A.K.A.
Moxenas Nazario González Moxenas
Places
Gender
Male
Age
61 years
The details (from wikipedia)

Biography

Nazario González Iglesias, coñecido tamén como Moxenas, nado no barrio do Outeiro, na parroquia viguesa de San Pedro de Sárdoma o 29 de xaneiro de 1934 e finado en Sárdoma o 11 de xuño de 1995, foi un compositor e gaiteiro galego.

Traxectoria

Herdou o alcume de "Moxenas" do seu bisavó que era limpachemineas e xa con sete anos de idade daría os primeiros pasos no mundiño da gaita da man de Xosé Barcia Couto máis coñecido como "Pepe o coxo", un gaiteiro paralítico que tocaba en cadeira de rodas.

Aos once anos entra a formar parte do grupo "Os Chavales" de Sárdoma, pasando máis tarde a "Os Peruchos". Despois do servizo militar traballaría no estaleiro Fillos de X. Barreras coma aprendiz electricista que simultaneamente compartiría como compoñente de "Airiños do Monte" de Sampaio, e "Vento das Cíes", grupo dirixido por Melitón.

Arredor de 1961, emigra a Alemaña, feito que durante unha década o afastaría da gaita, e a súa volta traballaría tres anos como taxista e máis tarde como monitor de autoescola no barrio vigués do Calvario, unha actividade que compaxinaría coma mestre de gaita en diferentes centros culturais de Vigo e a súa comarca.

No ano 1978 crea con Xosé Manuel Fernández Costas o grupo Muxicas a partir de Lembranzas Galegas, que ensaiaban nas instalacións dos Franciscanos no Barrio do Cura. O Quinteto "Muxicas" supuxo para Moxenas a faceta de compositor, posto que eran momentos de pontes entre a tradición e os tempos novos da música tradicional.

Moxenas foi un gaiteiro vigués ó que lle gostaba acubillarse ó carón do palco do "Pino Manso" na Romaría de San Roque, observando as actuacións dos Gaiteiros Os Morenos de Lavadores sempre uns dos seus referentes (manifestouno en diversas ocasións), incluso adicándolles unha poesía titulada "Carballeira de San Roque".

Foi "Vigués Distinguido" no ano 1991 e catro anos despois sería o seu pasamento. Unha rúa na cidade de Vigo leva o nome Nazario González (Moxenas).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Miguel Pérez Lorenzo, Moxenas: a memoria do son, Edicións do Cumio, 2004, ISBN 978-84-8289-281-8
  • Varios autores, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, 2005.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Nazario González Iglesias is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Nazario González Iglesias
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes