peoplepill id: nava-castro
NC
Spain
1 views today
1 views this week
The basics

Quick Facts

Places
Gender
Female
Age
55 years
The details (from wikipedia)

Biography

María Nava Castro Domínguez, nada en Ponteareas o 6 de marzo de 1969, é unha política galega do PPdeG. Foi alcaldesa de Ponteareas entre o 2000 e 2003. Dende o 2013 é a directora de Turismo de Galicia.

Traxectoria

Filla de José Castro Álvarez. Licenciada en Filoloxía Hispánica. Foi tenente alcalde do concello de Ponteareas, Concelleira de Economía e Facenda e de Servizos Sociais. En setembro de 1998 entrou no Parlamento de Galicia substituíndo a Pablo Crespo. Nas eleccións xerais de 2008 foi elixida deputada polo Partido Popular pola provincia de Pontevedra. Renunciou en maio de 2009. Foi Directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria e, dende o 17 de xaneiro de 2013, secretaria xeral de Turismo da Xunta.

Cando o seu pai José Castro Álvarez foi condenado por corrupción (falsidade documental e prevaricación) substituíno como alcaldesa de Ponteareas. Cando o seu pai formou o seu propio partido, Unión Condado-Paradanta (UCPA) que concorreu ás eleccións municipais de 2003 presentou á candidatura á súa filla, Nava Castro. Posteriormente o partido disolveuse e integrasouse no Partido Popular.

Dende o 17 de xaneiro do 2013 a secretaria xeral de Turismo de Galicia, posto que posteriormente se renomeou como directora.


Predecesor:
José Castro Álvarez
 Coat of Arms of Ponteareas.svg
Alcaldesa de Ponteareas
 
2000 - 2003
Sucesor:
Francisco Candeira

Notas

Véxase tamén

  • José Castro Álvarez
  • Ponteareas

Outros artigos

  • Eleccións municipais en Ponteareas

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Nava Castro is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Nava Castro
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes