Nadia Iglesias de Salvador
Quick Facts
Biography
Nadia Iglesias de Salvador, nada en Ames o 1 de xuño de 1999, é unha patinadora galega.
Compite en patinaxe artístico, na modalidade libre, onde foi subcampioa de España en 2019. Ademais en categorías inferiores foi seis veces campioa de Galicia, tres de España e unha de Europa, e logrou un bronce no Mundial júnior de 2017.
Traxectoria
Inicios
Comezou a seguir os pasos da súa irmá maior, Carla, e iniciouse na patinaxe artística no ano 2004 no Club de Patinaxe Artística Compostela. A súa traxectoria nas competicións iniciouse no ano 2005, con 5 anos, e no ano 2009 proclamouse campioa galega en categoría alevín, o que lle permitiu clasificarse para o Campionato de España. Xa como cadete proclamouse campioa galega en 2013 e 2014 e finalizou cuarta e subcampioa de España neses dous anos respectivamente. Tamén en 2013 gañou o ouro no Trofeo Prestige Issy-Paris na capital francesa, no seu debut coa selección española, e quedou cuarta na Copa de Europa celebrada na localidade francesa de Gujan-Mestras, mentres que en 2014 participou no Campionato de Europa cadete en Eslovenia, rematando en quinta posición.
Categoría xuvenil
En 2015 proclamouse campioa galega xuvenil, quedou oitava no Campionato de España xuvenil e gañou o ouro xuvenil na Interland Cup en Alemaña, unha competición internacional non oficial. Ao ano seguinte proclamouse campioa galega xuvenil e campioa de España xuvenil e xa como integrante do equipo CPA Maxia da Coruña foi subcampioa de Europa xuvenil na cidade alemá de Friburgo.
Categoría júnior
En 2017 pasou a competir en categoría júnior proclamándose campioa de Galicia, de España e de Europa. Ademais participou por primeira vez nun Mundial, celebrado este dentro dos primeiros Xogos Mundiais de Patinaxe, na cidade chinesa de Nanjing, conseguindo a medalla de bronce júnior. En 2018 revalidou os seus títulos de campioa de Galicia e de España júnior, e conseguiu a prata no Campionato de Europa. Ademais logrou unha cuarta posición no Mundial celebrado en La Vendée.
Categoría absoluta
Comezou a competir na categoría absoluta no ano 2019, pasando a formar parte do Reus Deportiu. Ese mesmo ano proclamouse subcampioa de España. Conseguiu así a clasificación para o Campionato Mundial, celebrado en Barcelona dentro dos segundos Xogos Mundiais de Patinaxe. Obtivo a 12ª posición na clasificación final.
Galardóns
- Mellor Deportista Feminina na XI Gala do Deporte de Ames (2006)
- Mellor Deportista Feminina do Concello de Santiago de Compostela (2014)
- Premio especial do público ao Mellor Deportista de Ames (2016 e 2017).
- Mención honorífica do Premio Deportista en Idade Escolar (2017) que concede o Consello Superior de Deportes.
- Premio Maruxa Mallo (2019), concedido polo IES Maruxa Mallo de Ordes.
Notas
- ↑ "«Tengo claro que quiero que el patinaje sea el apellido de mi vida»". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de agosto de 2017. Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ Martí, Manuel R. (10 de agosto de 2014). "Talento compostelano entre la élite europea". La Voz de Galicia. Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "La santiaguesa Nadia Iglesias se cuelga en oro en su debut inernacional con la selección española". El Correo Gallego (en castelán). 12 de xullo de 2013. Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Gujan-Mestras 2013" (PDF) (en francés). Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Nadia Iglesias, quinta en el Europeo Cadete celebrado en Eslovenia" (en castelán). 18 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Clasificación Campionato de España Xuvenil 2015" (PDF). Federación Española de Patinaxe (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Éxito del Patinaje Español en el Interland Cup 2015" (en castelán). 25 de outubro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Campeonato Gallego de Patinaje Libre 2016" (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Campionato de España xuvenil 2016" (PDF) (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados xuvenil feminino de Friburgo 2016" (PDF) (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "La compostelana Nadia Iglesias, plata en el Campeonato de Europa". El Correo Gallego (en castelán). 1 de setembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Campionatos Galegos". Federación Galega de Patinaxe. Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Campionato de España júnior 2017" (PDF) (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Campionato de Europa 2017" (PDF) (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Nadia Iglesias, en lo más alto de Europa: es campeona júnior". El Correo Gallego (en castelán). 5 de agosto de 2017. Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Nadia Iglesias, medalla de bronce en el Campeonato del Mundo júnior". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de setembro de 2017. Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Mundial 2017" (PDF) (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Campionato de España júnior 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Campionato de Europa júnior 2018" (PDF) (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Nadia Iglesias se queda a las puertas del podio del Mundial" (en castelán). 10 de outubro de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados do Campionato de España 2019" (PDF) (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Nadia Iglesias acada a prata no XXVII Campionato de España júnior e sénior de Patinaxe Artística" (en castelán). 8 de xuño de 2019. Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Clasificación Mundial 2019" (PDF) (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2019.
- ↑ "Nadia Iglesias recibe una mención honorífica como deportista en edad escolar". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xuño de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2019.