Montserrat Pena Presas
Quick Facts
Biography
Montserrat Pena Presas, nada en Sada o 27 de abril de 1981, é unha crítica literaria galega.
Traxectoria
Especialista en literatura infantil e xuvenil, licenciouse en Filoloxía Galega, obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e doutorouse pola Universidade de Compostela. A súa tese, dirixida por Dolores Vilavedra e Bieito Valdivia, titúlase "Feminismo, xénero e coeducación na literatura infantil e xuvenil: historia crítica e aplicación didáctica" (2016). Ademais, obtivo un Máster en Edición pola Universidad de Salamanca. Foi profesora de lingua, literatura e cultura galegas na Bangor University (Gales), e, actualmente, traballa como profesora no Departamento de Didácticas Aplicadas da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo.
No eido da crítica literaria, colabora en diferentes suplementos culturais (Faro da Cultura e Protexta) e revistas especializadas (Grial, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, entre outras), tendo publicado artigos sobre Carlos Casares, Agustín Fernández Paz ou Xohana Torres.
Obras
Edición
- Carlos Casares. As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Ed. Montse Pena Presas. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017.
- Epistolario a Fernández del Riego. Ricardo Carballo Calero. Eds. Montse Pena Presas e Dolores Vilavedra. Vigo: Editorial Galaxia, 2006.
- Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria. II. Eds. Montse Pena Presas e Pilar Sampedro. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2010.
Ensaio
- Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño. Editorial Galaxia, 2013.
Tradución
- Eric Carle. A eiruguiña comellona. Kókinos, 2011.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Montserrat Pena Presas na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.