Montse Dopico
Quick Facts
Biography
Montse Dopico, nada na Pontenova en 1977, é unha xornalista galega. Dende 2018 é profesora na Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
Estudou Xornalismo e Historia, Antropoloxía, Socioloxía e Ciencias Políticas. En 2012 colaborou co xornal El País.
En 2014 promoveu o espazo de xornalismo cultural Magazine Cultural Galego e participou no XI Simposio O libro e a lectura 2014: O libro e a lectura nos medios, na xornada A mediación cultural de Internet e no encontro 30 anos de novela negra galega organizado polo Consello da Cultura Galega.
Entre 2012 e 2019 traballa co xornal Praza Pública.
Recoñecemento
En 2017 recibiu o Premio de Xornalismo Johán Carballeira pola súa reportaxe "Galaxia vs Galaxia. A construción de hexemonía cultural", publicada na revista Luzes.
Notas
- ↑ "Horario". USC. Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ Horario do profesor para o curso académico 2018/2019
- ↑ "Montse Dopico". El País. Consultado o 2 de maio de 2015.
- ↑ Lorenzo Gil, César. "Montse Dopico: “A maneira de demandar información cultural é lela, non chorar cando desaparece”". Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ "Montse Dopico". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ "Montse Dopico". Praza Pública. Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ "O XIV Premio Johán Carballeira de Xornalismo premia a Montse Dopico e a María Obelleiro". AELG. Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ "HISTÓRICO DOS PREMIOS DE XORNALISMO JOHÁN CARBALLEIRA DE BUEU" (PDF). Concello de Bueu. Consultado o 2 de maio de 2018.