peoplepill id: moncha-prieto
MP
Spain
1 views today
1 views this week
The basics

Quick Facts

Places
Gender
Female
Birth
Place of birth
Gundivós, Sober, Sober, Lugo Province, Spain
Age
74 years
The details (from wikipedia)

Biography

Moncha Prieto, nada en Gundivós (Sober) en 1951, é unha escritora e locutora radiofónica galega.

Traxectoria

Viviu en Barcelona dende os quince anos ata 1995, cando regresa definitivamente a Galicia. Foi secretaria do Centro Galego de Barcelona e colaborou con diversas asociacións e revistas literarias, como Alborada, Follas Secas ou Lúa Nova.

De 1985 a 1995 dedicouse ao mundo da radio: puxo en antena o programa Galicia máis cerca, que máis tarde pasaría a denominarse Galicia hoxe; e foi compoñente do magazine matinal Bonico en Radio Gramenet (Santa Coloma de Gramenet). Neste eido, promoveu a fundación da coordinadora Ergac (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya), sendo a súa primeira presidenta; foi correspondente de Radio Progreso de Miami, sección noticias; e participou en Radio Exterior da Radio Galega.

Impulsora do evento poético e musical Escaleira Literaria, baixo padroádego do Concello de Sober.

Participou no libro colectivo Voz e Voto, en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro; e coordinou a edición de Vivir en presente.

En maio de 2021 publica Alma de Barro: Relatos da Ribeira Sacra, libro integrado por 18 relatos baseados en feitos reais.

Obra

Prosa

  • Alma de Barro; Relatos da Ribeira Sacra, con prólogo de Basilio Losada.

Poesía

  • As esquinas da vida e A túa voz; poemas en Vivir en presente.

Premios

  • 1º premio: Certame de Cartas de Amor. Radio Fene, 2003.
  • 3º premio: Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, 1991.

Notas

  1. "Os meus relatos baséanse en historias reais da Ribeira Sacra". La Voz de Galicia. 14 de maio de 2021. p. Lemos. 
  2. Revista Alborada. Ed. Centro Galego de Barcelona
  3. Revista Follas Secas. Ed. Follas Secas, Ourense
  4. Revista Lúa Nova. Ed. AC Rosalía de Castro, Cornellà, Barcelona
  5. "Una emisora catalana dedicó un programa a Celanova". La Región. 25 de xaneiro de 1989. 
  6. VVAA (1991). Voz e voto (en gal). Padroado Curros Enríquez, Celanova. p. 250. ISBN 978-84-404-9120-6. 
  7. VVAA (1994). Esa manía túa de vivir en presente (en gal). Ordax Grup-ERGAC, Barcelona. p. 125. ISBN 84-604-4426-0. 
  8. Moncha Prieto: "Algunhas amizades literarias catalás preferían que lles falase galego e copiaban palabras". Nós Diario.Entrevista con A. Escuredo. 22/6/2021. 
  9. Moncha Prieto (2021). Alma de barro: Relatos da Ribeira Sacra (en gal). Edicións Xerais de Galicia. p. 160. ISBN 9788491219033. 
  10. "Verbas de amor con premio" Vieiros, 14/2/2003

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Una emisora catalana dedicó un programa a Celanova". La Región (en castelán). 25 de xaneiro de 1989. 
  • "Volta galega a España de la RTG. 'Pequeño mosaico de España'". El Correo Gallego (en castelán). 13 de xuño de 1988. p. 42. 
  • "Gallegos en el mundo. Galicia no mundo". El Correo Gallego (en castelán). 24 de xullo de 1988. p. 26 Magazine dominical. 
  • "Un viaje diario a nuestra tierra a través de la ondas radiofónicas". El Correo Gallego (en castelán). 27 de abril de 1989. p. Contraportada. 
  • "González Laxe, en el 4º aniversario del programa de Ràdio Gramenet "Galicia Hoxe"". L'ajuntament informa. Ajuntament de Sta. Coloma de Gramenet (en castelán). 5 de maio de 1989. 
  • "Voces galegas en Catalunya". Revista Alborada. xuño-xullo de 1989. p. 16-17. 

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Moncha Prieto is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Moncha Prieto
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes