peoplepill id: modesto-fraga
Modesto Fraga
The basics
Quick Facts
A.K.A.
Modesto Fraga Moure
Places
Gender
Male
Place of birth
Fisterra
Age
50 years
The details (from wikipedia)
Biography
Modesto Fraga Moure, nado en Fisterra o 27 de febreiro de 1974, é un escritor galego.
Traxectoria
Ten colaborado cos seus poemas en numerosos libros colectivos, como A poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia), Mar por medio (Toxosoutos), El mundo al otro lado (Universidade de Salamanca), 25 anos de poesía galega (n.º 82 da Biblioteca Galega 120) ou De mar e vento (Espiral Maior). Ademais, textos seus aparecen espallados en revistas literarias diversas (Dorna, A Xanela, Feros Corvos). Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte da AELG e do PEN Clube de Galicia, e foi membro fundador do Batallón Literario da Costa da Morte e do Consello editorial da colección de poesía Letras de Cal.
Obra
Poesía
- Do amor salgado (Fundación O Grelo-Amigos de Galicia, 1997).
- Mar de ausencias (Bauprés editores, 1999. 2ª edición en Follas Novas, 2009).
- Ese estraño silencio (Follas Novas Edicións, 2002).
- Derrotas con raíces (Sotelo Blanco, 2007).
- Atlántica luz. Poesía mareira (1995-2015) (Á lus do candil, 2015).
- Adagio por outono (Alvarellos, 2016).
- Devalar sen pel (2017). (Espiral Maior), (2017).
Ensaio
- Fisterra, a derradeira perla de occidente, 2014.
Obras colectivas
- De mar e vento (Espiral Maior, 1997).
- Nós (Batallón Literario da Costa da Morte, 1997).
- Mar por medio (Batallón Literario da Costa da Morte, 1998).
- Poesía na noite (Concello de Caldas de Reis, 1998).
- Coroa literaria para Roberto Blanco Torres (Edicións do Castro, 1999).
- A poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia, 2001).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003).
- Poemas e mar de fondo (Universidade da Coruña, 2004).
- Das sonorosas cordas (Eneida, 2005).
- Por man propia (2005).
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. II) (Consello da Cultura Galega, 2006).
- De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte (Sotelo Blanco, 2009).
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (Difusora, 2009).
- Erato bajo la piel del deseo (Sial Ediciones, 2010).
- Tamén navegar (Toxosoutos, 2011).
- A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos, 2012).
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (libro electrónico, 2015).
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (Biblos Clube de Lectores, 2015. Poesía).
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016, Fervenza).
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda (2017, Alvarellos).
Premios
- Gañador do IV Premio de Poesía da Fundación O Grelo-Amigos de Galicia no 1997, por Do amor salgado.
- Gañador do Premio de poesía Avelina Valladares no Concello da Estrada en 1997, por Corpos Paisaxe.
- Gañador do Premio de poesía Francisco Añón no 1998, por Mar de ausencias.
- Gañador do Premio do Seminario de Estudos Comarcais no 2012, por Alba de luz.
- Gañador do Premio Faustino Rey Romero no 1998, por Ese estraño silencio.
- Gañador do XLI Certame Literario Concello de Vilalba en 2015, por Adagio por outono.
- Gañador do XIX Premio de poesía Concello de Carral en 2016, por Devalar sen pel.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Biografía na BVG
- Modesto Fraga no Facebook
- Modesto Fraga na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Perfil en As escollas electivas
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Modesto Fraga is in following lists
By work and/or country
comments so far.
Comments
Modesto Fraga