Modesto Domínguez Hervella
Quick Facts
Biography
Modesto Domínguez Hervella, nado en Verín o 24 de febreiro de 1827 e finado en Madrid o 8 de abril de 1913, foi un matemático e enxeñeiro galego.
Traxectoria
Formouse como enxeñeiro na Escola de Guadalaxara. Viviu en Bordeos, onde ocupou a cátedra de Matemáticas e Lingua Española. En 1855 volveu a España e ingresou no corpo de enxeñeiros da Armada. Ampliou estudos en Francia e Inglaterra. Dirixiu as obras civís e hidráulicas de Ferrol, as obras do dique de pedra do arsenal ferrolán e a construción de buques neste estaleiro. Foi director das Escuelas Especiales del Cuerpo y de la Maestranza, comandante de enxeñeiros en Ferrol e A Habana, e presidente da Xunta de Exames para o ingreso no corpo de enxeñeiros da Armada. Foi membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.
Obras
- Elementos de geometría analítica, 1880.